Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

21/02/2018   [00:10:00]   [6.90 MB]

Uns 30 anos perdidos na xestión sostible do monte galego

Ramón Varela Díaz, expresidente de ADEGA e promotor da primeira ILP forestal en Galiza, participou en Lugo na presentación da nova Iniciativa Lexislativa popular na defensa do Bosque galego, promovida por Cousa de Raíces e pola Alianza Rural Galega. Varela fai un repaso ás últimas 3 décadas da política forestal galega, desde que a primeira ILP forestal foi rexeitada polo Parlamento galego (1989). O paradoxo é que 30 anos despois daquela proposta lexislativa, séguese a pedir un cambio de modelo na dirección que tamén marcaba a ILP de finais dos anos 80.

19/02/2018   [00:10:00]   [6.91 MB]

Osíxenos e Dioxinas de 2017 arredor da xestión forestal de Galiza

ADEGA vén de entregar os premios Osíxeno e Dioxina de 2017 para destacar as mellores e peores actuacións ambientais do pasado ano. Coñecemos aos colectivos e persoas premiadas nas diferentes categorías destes galardóns. A xestión forestal de Galiza é a temática sobre a que xiran a maior parte dos premios.

16/02/2018   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 16/02/18

Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental de Galiza. Ponte ao día en tan só 10 minutos!

14/02/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

MEL: A Limia xa non soporta máis xurros de Coren

O Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) advirte que esta comarca xa non dá soportado máis cantidade de puríns ou xurros procedentes das máis de 350 granxas que a industria de Coren. Alertan da contaminación de acuíferos, fontes e terras de cultivo por nitratos, alén da contaminación por amoníaco que xeran estes residuos. O colectivo esíxelle á Administración e a Coren que dunha vez por todas tomen medidas e poñan solucións que limiten a xeración de xurros e que permitan o seu tratamento antes de ser botado á terra.

12/02/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

O lobo tiroteado na Serra do Cando alza as críticas contra a caza furtiva

ASCEL, ADEGA e GEAS piden á Xunta que sexa máis dura coa caza furtiva de lobo ibérico. Un novo lobo apareceu tiroteado hai poucos días na Serra do Cando, nun espazo natural protexido como Rede Natura. Denuncian os ecoloxistas que non se trata dun caso illado nesta Serra, onde xa houbo anteriores episodios de persecución e ataque aos lobos.

09/02/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

Boletín informativo ambientall 09/01/18

Radio Cerna resume en 10 minutos a actualidade ambiental galega desta última semana. Coñécea!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal