21/03/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Mario Salomone, Secretario Xeral do Congreso Mundial da Educación Ambiental, visitou a pasada semana A Coruña para falar da Educación para a Sostibilidade. O italiano disertou sobre a necesidade de educarnos para o cambio da Humanidade cara un futuro máis xusto e máis inclusivo para todas e todos. Hoxe trasladamos a entrevista que lle fixo Radio Cerna a este referente europeo da Educación Ambiental. Agradecemos a colaboración de Carlos Dias, na tradución, e de Germam Ermida, na locución.
19/03/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
A Asociación Galega de Apicultura (AGA) fai unha ampla proposta formativa para esta Primavera. Ademais dos cursos básicos e especializados, inaugura un novo proxecto: a Escola Galega de Apicultura, situada en Allariz. A través desta Escola, os abelleiros/as impartirán contidos relacionados coa nova apicultura e adaptados aos cambios que está a sufrir este arte por mor do Cambio Climático.
16/03/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
Repasa con Radio Cerna as novas ambientais máis relevantes de Galiza no eido ambiental.
14/03/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
O catedrático en Ecoloxía pola Universidade de Vigo, Emilio Fernández Suárez, acudiu ao convide da Oficina de Medio Ambiente da Universidade coruñesa para explicar en palabras sinxelas que é e que consecuencias ten o Cambio Climático para a nosa sociedade e ambiente. Cunha linguaxe amena, Fernández expuxo a súa visión da problemática mundial e sentenciou que, sen un cambio de sistema socioeconómico, será moi difícil superar o reto. Tamén analizou baixo unha mirada crítica o Acordo de París.
12/03/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
A pasada semana as mulleres, e tamén moitos homes, fixemos historia. Por fin o mundo alzou a voz a prol da igualdade entre as mulleres e os homes, e neste reclamo se ven representadas todas as formas de feminismo, tamén o Ecofeminismo. Hoxe coñecemos en que consiste este movemento e como se está a implementar en Galiza.
07/03/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
O concello de As Neves foi un dos concellos galegos máis afectados pola vaga de lumes do pasado mes de outubro. O 90% do seu territorio pereceu baixo as chamas. Cinco meses despois da catástrofe, falamos co seu alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, para saber como este municipio dunhas 4.000 persoas está a renacer.