21/05/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
O vindeiro 28 de maio remata o prazo para alegar ás modificacións introducidas polo Concello de Curtis no seu Plan urbanístico xeral. Os cambios eliminan a protección especial de solo rústico agropecuario e de especial valor paisaxístico de toda a súa superficie municipal. Mentres o concello xustifica esta mundanza urbanística na necesidade de reordenar os usos dos solos do municipio a través dun Plan de Cultivos, o Sindicato Labrego Galego advirte que o concello está a poñer en risco a sobrevivencia dos solos con vocación agrogandeira fronte o cultivo de eucaliptos e o asentamento de industrias con grande impacto sobre o territorio.
18/05/2018 [00:10:00] [6.87 MB]
Neste espazo de Radio Cerna repasamos a actualidade ambiental que nos deparou esta semana das letras galegas. Convidámoste a escoitarnos.
16/05/2018 [00:10:00] [6.89 MB]
O 8 de maio de hai 41 anos tiña lugar unha das mobilizacións ecoloxistas máis importantes da historia galega: a marcha de Baladaio. Aquela manifestación de máis de 5.000 persoas esixía a devolución aos veciños e veciñas de Baldaio da praia e da marisma, que estaban a ser explotadas por unha areeira. Malia a contar só cunha concesión marisqueira, os concesionarios estiveron varios anos extraendo area de forma irregular e impedindo que os veciños puidesen acceder ao areal. 41 anos despois daquela marcha que se cobrou ducias de feridos e ata unha vítima mortal, o concello de Carballo rende homenaxe a esta loita e a todas as persoas que ao longo dos anos defenderon Baldaio. Hoxe, neste complexo natural protexido, aínda se poden ver algunhas das pegadas daquel pasado.
14/05/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
A finais deste mes de maio remata o período voluntario para limpar as faixas de prevención de incendios de vivendas e de vías de comunicación. Os concellos terán que executar subsidiaramente a limpeza, se os propietarios/as non o fan, con custos a cargo dos titulares dos predios. Pero, algúns concello cren que é imposible cumprir esta orde, por falta de recursos e outras dificultades. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, cre que non hai escusa e que é posible cumprir a norma sempre que a Xunta preste o seu apoio técnico.
11/05/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Este espazo recolle as novas ambientais da semana máis destacadas en Galiza.
09/05/2018 [00:10:00] [6.90 MB]
Hoxe comeza a Galiciencia, a feira de investigación científica que promove o Parque Tecnolóxico de Galiza na Tecnópole de San Cibrao das Viñas. Ata o vindeiro venres, 11 de maio, estudantes de Bacharelato, ESO e Primaria de toda Galiza exporán nesta mostra preto de 80 proxectos científicos, 13 deles destinados a abordar as problemáticas da mudanza climática. Radio Cerna coñece os detalles desta edición con Sabela Bouzo, coordinadora da organización de Galiciencia 2018.