04/06/2018 [00:10:00] [6.91 MB]
O vindeiro domingo 10 de xuño, coincidindo coa Semana do Medio Ambiente, o ecoloxismo galego xunto con outros colectivos sociais conformados na Plataforma na Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e na Plataforma veciña Mina Touro-O Pino NON, botaranse á rúa para pedir ao goberno galego que rexeite a mina. Temen que a aprobación do proxecto mineiro sexa inminente e apelan ao apoio da sociedade galega para frealo coa idea de encher a Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela. Neste programa, o voceiro de PDRA, Xaquín Rubido, fálanos das consecuencias que tería a megamina de cobre para a Ría de Arousa.
01/06/2018 [00:10:00] [6.86 MB]
Entramos no mes de xuño dando conta da actualidade ambiental do país máis destacada. Coñécea!
30/05/2018 [00:10:00] [6.90 MB]
A tese doutoral de Sandra Goded achega novos datos sobre as diferenzas de biodiversidade existente entre superficies de agricultura ecolóxica fronte a convencional e en bosque autóctonos fronte plantacións de eucaliptos. O estudo parte dunha reflexión da bióloga sobre os cambios sufridos no territorio galego nos últimos anos a nivel de produción.Queres coñecer as conclusións destas comparativas? Preme e escoita!
28/05/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
En pouco máis de un mes, os veciños e veciñas dos concellos de Ordes, Oroso, Frades e Mesía constituíronse na Coordinadora contra a implantacións de parques eólicos na comarca de Ordes ante o anuncio inesperado da instalación de 4 parques eólicos na bisbarra. Esta plataforma pide que a comarca de Ordes se exclúa do Plan Sectorial Eólico Galego por considerar que os parques eólicos son incompatibles co desenvolvemento das actividades vocacionais da zona e que ademais carece de potencial eólico. Recentemente, dirixiuse ao presidente da Xunta para demandar que se declaren os parques proxectados para Ordes nulos de pleno dereito, por someterse a unha tramitación fraudulenta e por basearse nunha documentación ficticia.
25/05/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Neste espazo atoparás todas as novidades no medio ambiente e na acción ecoloxista de Galiza. Escoita a actualidade ambiental dos últimos días, da man de Radio Cerna.
23/05/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Comenzan a darse os primeiros pasos na creación do primeiro parque rupestre de Compostela. Unha idea que quere materializar a Deputación da Coruña e que xorde do Colectivo A Rula, co gallo de identificar, protexer e poñer en valor o conxunto de xacementos arqueolóxicos da comarca compostelá. Da idea orixinal, fálanos o presidente deste colectivo.