20/06/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña crea a primeira calculadora da pegada ecolóxica por residuos para galegas e galegos. A través desta ferramenta dixital que atoparás en http://emapic.es descubrirás se estás por baixo ou por riba da media galega en xeración de residuos, separación de lixo en orixe ou emisións de CO2 derivadas da túa xestión dos residuso sólidos urbanos.
18/06/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
En pasados días a cidade da Coruña acolleu un campo de refuxiados simbólico para escenificar o drama que viven milleiros de persoas no mundo que están refuxiadas lonxe do seu lugar de orixe. Algo que no futuro se prevé moi frecuente, xa non só polas guerras, tamén por motivos climáticos ou ambientais. O problema é que non está recoñecido legalmente o dereito ao refuxio por cambio climático. A organización Acampa está a valorar a presentación dunha Iniciativa lexislativa popular co obxectivo de que se recoñeza.
15/06/2018 [00:10:00] [6.90 MB]
Os últimos días estiveron marcados por mobilizacións sociais de reivindicacións ambientais que terán continuidade no día de mañá, coa marcha contra as celulosas de Ence. Neste acto tamén se dará peche á campaña a prol da ILP na defensa do bosque galego. Esta e máis novas, se premes para escoitar este espazo de radio.
13/06/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
A Deputación pontevedresa intentar suplir a falta de actualización e información sobre as novas formas de mobilidade sostible, baseadas na experiencia coa publicación dunha nova guía de mobilidade sostible. A institución define o manual como "a mellor guía do mundo" en mobilidade sostible. Descubrimos algunhas das principais fórmulas de mobilidade amable que propón este manual para o ámbito urbano co vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera.
11/06/2018 [00:10:00] [6.91 MB]
Nos últimos dez anos, varios colectivos ecoloxistas manteñen unha batalla xudicial co goberno autonómico de Castela e León pola súa xestión do lobo ibérico e polas súas leis de caza. A novidade é que ASCEL (Asociación para a conservación do lobo ibérico) vén de conseguir un fito: que se suspenda en toda Castela e León a caza do lobo. Unha suspensión cautelar da actividade cinexética contra esta especie mentres o Tribunal Supremo non se pronuncia sobre a legalidade da disposición da Xunta de Castela pola que se permite cazar ata 143 lobos ao ano. O auto que dita a suspensión cautelar da caza e as posteriores sentenzan que se deriven poderían sentar precedente e influír na xestión do lobo noutros territorios do Noroeste peninsular, como o galego.
08/06/2018 [00:10:00] [6.88 MB]
Repasamos a actualidade ambiental que nos deixa unha semana de cambios, na que destaca o nomeamento da nova ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.