Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

16/07/2018   [00:10:00]   [6.91 MB]

A maior catástrofe ambiental do río Barbaña a xuízo

Hai 9 anos, o río Barbaña, de San Cibrao das Viñas, sufría a súa peor catástrofe ambiental. Un vertido industrial provocaba a morte duns 17.000 peixes e deixaba o río contaminado con metais pesados durante varios anos. Malia que aínda se descoñece a orixe do vertido, o caso está a ser xulgado nos tribunais do penal de Ourense. A fiscallía de medio ambiente pide varios anos de cárcere para tres responsables da empresa xestora da depuradora de San Cibrao, a cal supostamente non dispoñía dos requirimentos necesarios para afrontar este tipo de vertidos. A plataforma "Ríos Limpos" constituída por colectivos e veciñanza afectada conseguiu finalmente que o caso chegase aos tribunais logo de varios intentos fallidos. 

13/07/2018   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 13/07/18

O peche de Elnosa, a comisión de investigación do sinistro do Alvia, ou o pronunciamento da Xunta sobre a mina de Touro-O Pino,  serán entre outras as novas de actualidade ambiental de Galiza que atoparás neste espazo promovido pola asociación ecoloxista ADEGA. 

11/07/2018   [00:10:00]   [6.89 MB]

O último bosque da Ría do Burgo, tamén en risco

O coñecido como "Bosque Paraíso" de Oleiros está en risco. Unha urbanización promovida por coñecidos empresarios da Coruña ameaza con eliminar gran parte deste espazo natural considerado o último reduto de bosque da ría do Burgo. A Asociación de Veciños Colonia O Paraíso de Oleiros reclama a conservación do bosque e da súa biodiversidar por riba dos intereses especulativos do territorio. Falamos coa voceira deste colectivo, Charo López.

09/07/2018   [00:10:00]   [6.92 MB]

Aprende con ADEGA varias formas de xestionar o lixo no Barbanza

A asociación ecoloxista ADEGA lanza o seu programa de concienciación sobre residuos sólidos urbanos na comarca do Barbanza "O lixo desde o teu concello". Trátase dunha oferta ampla de actividades ás que se poden sumar entidades, asociacións, centros de ensino e calquera tipo de colectivos desta comarca nas que se aprenderá a reciclar, reducir e reutilizar de forma didáctica e divertida. 

06/07/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

Boletín informativo ambiental 06/07/18

Hoxe coñece con nós a actualidade ambiental galega. Escoita Radio Cerna!

04/07/2018   [00:10:00]   [6.90 MB]

Novas normas para a agricultura ecolóxica na UE

Os tempos mudan tamén para a Agricultura Ecolóxica e por iso a Unión Europea aproba un novo texto legal para regular este tipo de producións. Co obxectivo de incentivar a agricultura ecolóxica, a protección de medio ambiente, e o benestar animal, promóvense unha serie de medidas que se terán que aplicar a partir de 2021. O CRAEGA fálanos dalgunha destas medidas.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal