Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

05/09/2018   [00:10:00]   [6.91 MB]

A Sociedade Galega de Historia Natural cumpre 45 anos

O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Serafín González, repasa con Radio Cerna a historia e fitos deste colectivo galego de defensa ambiental con motivo do seu 45 aniversario. Tamén valora a evolución da conciencia ambiental da sociedade galega.

03/09/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

As obras do AVE: 5 anos contaminando o río Támega

Nos últimos 5 anos, o río Támega, ao seu paso por Laza, sofre continuos episodios de contaminación procedente das obras do tren de alta velocidade. Malia ás denuncias ecoloxistas e ás sancións xa interpostas contra as empresas que constrúen o AVE nada cambiou. O Támega é ademais un espazo natural protexido como ZEC, LIC e Zona de Rede Natura. Á vista da pasividade das administracións, ADEGA-Monterrei convocou o pasado 9 de agosto unha marcha reivindicativa en Cerdedelo (Laza) co obxectivo de reclamar que dunha vez por todas freen os vertidos e se adopten cautelas medioambientais nas obras do AVE.

30/07/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

A UE eleva o límite de gas radon nas vivendas e amplíase o mapa galego

Neste ano 2018 entra en vigor a directiva europea que eleva de 200 a 300 bq/m3 o nivel de concentración de gas radon permitido en vivendas. A medida afecta especialmente a Galiza, onde se concentra o 33% das medicións deste tipo de radioactividade. Paralelamente, o laboratorio de radon de Galiza vén de ampliar o mapa galego de gas radon. Sen embargo, malia a albiscarse avances na normativa, os gobernos galego e estatal seguen sen tomarse en serio este problema, que para a nosa saúde representa o segundo factor de risco de cancro de pulmón.

27/07/2018   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 27/07/18

Recollemos a información ambiental que nos deixou esta última semana a nosa terra galega e volcámola neste espazo de radio de 10 minutos. Está á túa disposición. Preme e escoita!

23/07/2018   [00:10:00]   [6.87 MB]

Planta de residuos de Toysal: o proxecto que a veciñanza de Teo quere frear

Ao rexeitamento social contra o vertedoiro de Grixoa e da mina de Touro súmase a negativa veciñal á unha nova instalación de residuos na mesma comarca, no lugar de Casalonga, no concello de Teo. Un proxecto que se presenta como planta de reciclaxe de residuos de orixe animal, puríns e lodos e que os veciños temen que mude nun vertedoiro máis na comarca de Compostela. A plataforma Casalonga Limpa de Residuos encabeza esta oposición social á que tamén se suman o concello de Teo e outros concellos limítrofes. O debate actual está en como se pode parar a tramitación do proxecto antes de que acade a avaliación ambiental integrada por parte da Consellaría de Medio Ambiente.

20/07/2018   [00:10:00]   [6.86 MB]

Boletín informativo ambiental 20/07/18

As últimas novidade no ámbito enerxético ou forestal de Galiza aquí en Radio Cerna! Escóitanos!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal