02/10/2025 [10:00:00] [12.54 MB]
Comeza a batalla xudicial fronte a Altri: ADEGA, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e a CIG presentan recursos xudiciais contra o procedemento de concesión de augas solicitado pola multinacional. Bombeiros Forestais do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios da Galiza alertan das “moi malas previsións” de risco de lumes para os vindeiros veráns na faixa atlántica do país. Unha información de Praza.gal libera os datos de incendios ocultados pola Xunta: entre o 1 e o 18 de agosto, houbo un total de 447 incendios forestais, a meirande parte deles entre A Coruña e Pontevedra; e os máis destrutivos en Ourense. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
25/09/2025 [10:00:00] [12.29 MB]
Novo revés para Altri: o Goberno do Estado négalle a conexión á rede que a pasteira precisa para desenvolver a súa actividade na Ulloa. O Partido Popular galego veta unha investigación política da vaga de incendios. Enxeñeiros forestais da Xunta reclaman ao Goberno galego que prorrogue de maneira indefinida a moratoria ás novas plantacións de eucalipto. Máis de 800 persoas participaron este pasado domingo na XVIII Limpeza Simultánea de Ríos organizada por ADEGA a través do seu Proxecto Ríos. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
18/09/2025 [10:00:00] [12.80 MB]
A vaga de incendios do pasado agosto deixou a maior pegada da historia sobre a Rede galega de espazos protexidos: arrasou preto de 38.000 hectáreas en Rede Natura, que supón o seu 11%. ADEGA anuncia que solicitará ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que impida o cambio de usos nos terreos queimados ameazados por proxectos eólicos. E nas rúas, milleiros de persoas acudiron á chamada da Plataforma por un monte galego con futuro este pasado domingo en Compostela. E esta fin de semana, Galiza volverá mollarse polos ríos. A través do Proxecto Ríos, ADEGA impulsa a XVIII Limpeza Simultánea, que mobilizará case 70 entidades en 51 concellos de todo o país. Un informe alemán estima que a seca histórica do pasado verán supuxo xa unhas perdas de 850 millóns de euros en Galiza. Isto e máis, en Radio Cerna!
11/09/2025 [10:00:00] [12.52 MB]
ADEGA reúnese coa Xunta para instala a actuar xa na prevención da erosión e recuperación ecolóxica das zonas ardidas e, en especial, dos espazos protexidos. A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, relaciona os lobos cos incendios forestais. O sector apícola, un dos máis castigados polos incendios. E nas rúas, Compostela acollerá este domingo unha gran manifestación contra a xestión forestal da Xunta de Galiza. Un estudo internacional sobre clima asegura que o cambio climático fixo 40 veces máis probables e un 30% máis intensas as condicións que alimentaron os incendios na península. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
04/09/2025 [10:00:00] [12.59 MB]
A Xunta de Galiza notifica un total de 111.000 hectáreas as arrasadas polo lume no que vai de ano. Falamos de macroincendios alimentados pola acumulación de combustible vexetal en montes abandonados, pola falta de ordenación forestal e polas condicións derivadas do cambio climático. A resposta política da Xunta de Galiza a esta crise está a ser amplamente criticada, tanto pola oposición parlamentaria como nas propias rúas, onde hai convocada unha nova mobilización para o próximo 14 de setembro. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
07/08/2025 [10:00:00] [12.62 MB]
Galiza loita contra a primeira vaga de incendios forestais do verán. A sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea sobre os proxectos eólicos non repercutirá na maioría das paralizacións cautelares de parques acadadas pola cidadanía. A Xunta concede a autorización ambiental integrada á planta de fibra branqueada que Ence proxecta construír nas Pontes. Impulsa Galicia, a sociedade público-privada promovida pola Xunta e impulsora de proxectos como o de Altri, anuncia a súa disolución. Todo isto e máis, en Radio Cerna!