31/01/2020 [00:10:00] [6.93 MB]
Sen dúbida, a nova ambiental da semana: a declaración de impacto negativa da mina de Touro-O Pino. Dedicamos un espazo importante a esta nova no boletín de hoxe, ademais de repasar outras novas que nos deixou a última semana no eido ambiental e ecoloxista de Galiza.
23/01/2020 [00:10:00] [6.91 MB]
O goberno central declara a emerxencia climática, as industrias galegas máis contaminantes gábanse dos logros acadados e a sociedade alerta sobre o impacto do espolio "verde" sobre o rural, que segue a perder poboación. Estes son algúns dos temas que nos deixa a actualidade ambiental galega e que poderás descobrir neste espazo informativo. Escoita!
17/01/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
Coñece os temas ambientais máis destacados da última semana, como a polémica pola caza do raposo en Triacastela, a renuncia do PP de deitar os lodos do Lérez no mar, a anulación da licenza da canteira de Cosmos ou o traslado do caso das verteduras da mina de Touro aos xulgados.
10/01/2020 [00:10:00] [6.88 MB]
Os incendios de Australia, a transición ecolóxica, o novo goberno central ou os fitos de ADEGA durante 2019, algunhas das novas ambientais máis destacadas da última semana...
03/01/2020 [00:10:00] [6.88 MB]
Neste primeiro boletín informativo ambiental do ano 2020 afondamos sobre apetición de Endesa do peche da central das Pontes e na suba do prezo dos combustibles e dos transportes... O cambio climático faise notar! Feliz Ano!
26/12/2019 [00:10:00] [6.89 MB]
Nesta semana de Festas as chuvias e desbordamento de ríos foron as protagonistas e deixaron ao descuberto os lugares e zonas de inundación que foron ocupadas por un urbanismo mal planificado. Tamén se abordaron os distintos xeitos de celebrar o Nadal, desde unha perspectiva turística e consumista como a promovida por Abel Caballero, ata a máis ecolóxica, aconsellada por ADEGA. Estes e outros temas nun novo boletín informativo de Radio Cerna. Escóitao aquí!i