15/05/2020 [00:10:00] [6.90 MB]
A contaminación das cidades galegas descendeu a máis da metade durante o confinamento, agás en Ferrol, os mercados de alimentos na rúa comezan a súa actividade e o Defensor del Pueblo menciona á Xunta e á mina de Touro no seu informe anual. Estan son algunhas das novas ambientais da última semana que repasamos neste espazo de Radio Cerna! Escoita!
08/05/2020 [00:10:00] [6.85 MB]
A Xunta e o goberno central afrontan a desescalada con diferentes ritmos e obxectivos, e presentan controversia sobre o momento de restablecemento dalgunhas actividades. Esta semana, estas disconformidades fixéronse máis evidentes que nunca. A Xunta ordeou a reactivación da tramitación de 1000 proxectos industriais con impacto ambiental que estaban en suspenso ou o reinicio do exercicio da pesca fluvial (da caza a semana pasada). Os colectivos ecoloxistas reaccionaron en contra. Tamén foi filmado por primeira vez un oso no Macizo Central Ourensán. ADEGA cre que a Xunta xa non ten escusas para aprobar o esquecido Plan de Recuperación do Oso pardo en Galiza.
24/04/2020 [00:10:00] [6.90 MB]
Como cada venres, neste espazo de radio, repasamos a actualidade ambiental dos últimos días. Esta semana viviu unha celebración importante, o Día da Terra.
17/04/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
A crise do coronavirus dá paso ao debate social sobre o actual sistema de consumo e produción e ás desigualdades sociais. O Covid-19 xa se presenta por algúns como catalizador da creba do capitalismo e da necesidade do cambio de sistema cara a un modelo máis protector e intervencionista. Publícanse estudos que analizan a incidencia da contaminación atmosférica na incidencia da enfermidade e sobre a biodiversidade como barreira natural das enfermidades infecciosas. Namentres, a Xunta gábase de autorizar o control do xabaril en época de confinamento e os ecoloxistas pide, por enésima vez, a prohibición da caza da rula.
03/04/2020 [00:10:00] [6.92 MB]
A crises do coronavirus estanos a deixar, ademais de leccións, moitas revelacións sobre o que para os gobernos semellan ser actividades esenciais fronte as que non. Alén do Covid-19 e das súas consecuencias no plano ambiental, esta semana a maquinaria administrativa non parou. Industria alegou contra o plan nacional de enerxía e clima e Medio Rural publicou o decreto polo que se axilizan os trámites para a corta de eucaliptos, piñeiros e acacias en solos protexidos. Se queres saber máis, preme!
27/03/2020 [00:10:00] [6.89 MB]
O coronavirus segue centrando a actualidade informativa dos últimos días. A previsible chegada ao pico de contaxios nesta semana fai extremar as precaucións, facéndos aínda máis evidentes as deficiencias que ofrece o sistema. A nivel ambiental, xa se observa un impacto no incremento de residuos, e na baixada da reciclaxe, mais tamén no decremento das emisións contaminantes e o aumento na calidade do aire das cidades. Ante as novas normas do Estado de alarma, algúns sectores relacionados coa produción alimentaria a pequena escala e ecolóxica séntense descriminados. Se queres saber máis, preme e escoita Radio Cerna!
#EuFIcoNaCasa