Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

03/07/2020   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 03/07/20

Esta semana tivo lugar un fito histórico en Galiza: o peche da central térmicade Meirama, tras 40 anos contaminando a atmosfera e sen un plan alternativo para o desenvolvemento socioeconómico da bisbarra. ADEGA recupera grande parte da súa actividade educativa no exterior e hoxe é o Día Mundial sen Plástico. Estas e outras novas ambientais neste espazo de Radio Cerna!

26/06/2020   [00:10:00]   [6.93 MB]

Boletín informativo ambiental 26/06/20

Repasa con Radio Cerna (ADEGA) as novas ambientais da semana. A fin do estado de alarma, a negativa de Alcoa a negociar e o futuro incerto da Mariña, un novo decreto lei sobre enerxía  e unha sentenza que recoñece falsificación de documentos por parte de cargos da Xunta, aos que porén, absolve e outras novas que che achegamos neste boletín informativo semanal.

19/06/2020   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 19/06/20

Alcoa segue no centro da actualidade. Neste conflito represéntase o conflito entre o vello e o novo modelo industrial cara ao que viran as grandes industrias contaminantes, na procura de rendibilidade e fondos públicos de apoio. ADEGA publica o informe "5 Verdades e 5 mentiras sobre Alcoa. Na procura dunha solución integral para a Mariña" e a Xunta presenta 3 iniciativas industriais de cara á economía circular, concepto que envolve os contidos deste boletín informativo.

04/06/2020   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 05/05/20

Neste Día Mundial do Medio Ambiente, Radio Cerna dá conta dalgunhas das actividades que o movemento ecoloxista galego realizará para celebrar esta xornada na que se presentan propostas de cambio das políticas ambientais, se realizan palestras e debates ou performance na rúa. Actividades todas elas con referencias á crise actual e á necesidade de cambios radicais na nosa sociedade e con respecto á Natureza. A situación de Alcoa, outro caso destacado da semana.

29/05/2020   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 29/05/20

Algunhas das novas da semana no plano ambiental e social: o despedimento de máis de 500 empregados da factoría de Aluminio de Alcoa, o recurso de 107 colectivos contra a continuidade de tramitacións relativas a proxectos industriais agresivos ou o impacto da Covid-19 no mar e na xeración de plástico. Isto e moito máis no boletín informativo de Radio Cerna de hoxe. Preme e escoita.

22/05/2020   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 22/05/20

Hoxe celébrase o Día mundial da Biodiversidade no que a ONU reafirma à idea de que a solución á pandemia está na natureza. ADEGA e outras entidades ecoloxistas reforzan a tese e animan ás administracións públicas a mudar a súa actitude cara a biodiversidade. Por outra banda, denuncian o desleixo da xunta pola conservación do patrimonio natural en contraste co paternalismo demostrado para coa caza e a pesca.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal