Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

13/11/2020   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 13/11/20

A sentenza do TSXG que anula o parque eólico das Sasdónigas de Mondoñedo e o peche masivo en Europa de granxas de visón americano por ser especie transmisora da Covid-19 algúns dos temas que centran a actualidade ambiental galega e que repasamos neste espazo de Radio Cerna.

06/11/2020   [00:10:00]   [6.90 MB]

Boletín informativo ambiental 06/11/20

A transición ecolóxica e os proxectos mineiros que se intentan xustificar neste procesos centran os contidos do boletín informativo ambiental desta semana. Escoita que outras novas nos deixou a semana no eido ambienta, aquí en Radio Cerna!

30/10/2020   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 30/10/20

No boletín informativo ambiental de hoxe: a devesa de Anllares, mala praxe cinexética, urbanismo na ría do Burgo e o reparto de orzamentos do goberno central para a  mobilidade en Galiza. Preme e escoita o que nos deixou a actualidade ambiental da semana.

23/10/2020   [00:10:00]   [6.87 MB]

Boletín informativo ambiental 23/10/20

No boletín informativo de Radio Cerna desta semana atoparedes referencias á dubidosa actitude "verde" dalgunhas empresas eléctricas que operan no país, que ben proxectan centrais hidroeléctricas agresivas cos espazos naturais protexidos ou ben intentan esquivar responsabilidades sobre graves verteduras aos nosos ríos. Tamén informamos sobre novas ameazas de parques eólicos que afectan a hábitats de interese comunitario na zona sur de Galiza e damos conta do primeiro informe publicado sobre os incendios forestais do que vai de ano, no que Ourense obtén un papel destacado.

16/10/2020   [00:10:00]   [6.88 MB]

Boletín informativo ambiental 16/10/20

Esta semana varios episodios graves de contaminación mariña, en mar e ríos, centran a actualidade ambiental galega. Se queres saber máis, escoita o programa de hoxe de Radio Cerna!

09/10/2020   [00:10:00]   [6.89 MB]

Boletín informativo ambiental 09/10/20

En Radio Cerna atoparán o informativo máis sonado sobre o medio ambiente e a ecoloxía de Galiza. Escoita neste espazo as novas sobre o medio ambiente galego máis destacadas da última semana.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal