30/04/2026 [10:00:00] [12.23 MB]
A Xunta inicia a tramitación do novo Plano Sectorial Eólico de Galiza sen marxe para se aprobar nesta lexislatura. Un total de oito entidades convocan unha concentración para o vindeiro sábado 9 na Ponte Medieval de Pontevea para reclamar a suspensión inmediata do campionato de pesca do salmón. Case tres de cada catro parroquias consideradas de alto risco de incendios en Galiza rexistraron algún lume ao longo de 2025. A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra denuncia a “ocultación” de información por parte da Xunta sobre as verteduras industriais de Ence e o estado ambiental da ría. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
23/04/2026 [10:00:00] [12.35 MB]
A Xunta da Galiza non recorrerá a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que dá a razón a ADEGA e obriga a recuperar a protección ambiental dos terreos previstos para a celulosa de Altri en Palas de Rei. Ao tempo, a Plataforma Mina Touro-O Pino Non denunciou tamén esta semana unha estratexia “intimidatoria” por parte da Xunta contra a veciñanza e os colectivos que se opoñen á reapertura da mina de cobre na comarca de Arzúa. Diversas entidades ecoloxistas solicitaron á Xunta a suspensión do concurso de pesca do salmón previsto para o 10 de maio no río Ulla, ao considerar que é incompatible coa situación grave da especie. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
16/04/2026 [10:00:00] [12.03 MB]
Máis de 2500 sinaturas esíxenlle á Xunta que declare o salmón galego "en perigo de extinción". O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de desestimar o recurso presentado por ADEGA contra a Xunta pola xestión do parque eólico do Acibal, malia recoñecer críticas á actuación da Administración. ADEGA e Mariña Patrimonio alertan do risco inminente que sofren varios bens arqueolóxicos na zona de Parada, en Outeiro de Rei, onde se están a realizar traballos forestais con maquinaria pesada e está prevista a plantación de eucaliptos. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
09/04/2026 [10:00:00] [12.25 MB]
Galiza entra en abril con incendios forestais en Ponteares e Carballo que prognostican un verán complicado. As industrias galegas emitiron en 2024 máis de 8 toneladas de benceno cerca de lugares moi poboados. ALCOA pretende volver ampliar a balsa de lamas vermellas en Xove sen ter sequera rematado a anterior ampliación. E na costa, as críticas do sector do mar e do ecoloxismo ao proxecto de dragaxe do río Lérez seguen medrando. A Alianza por un Rural Galego Vivo urxe a anular o traslado dos maxistrados e maxistradas do TSXG. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
26/03/2026 [10:00:00] [12.36 MB]
As plataformas Altri Non, Mina Touro-O Pino Non e En defensa da ría de Arousa impulsan unha recollida de sinaturas pola fin definitiva de Altri e da mina de Touro. Organizacións ecoloxistas piden a dimisión da conselleira Ánxeles Vázquez. O xuíz Luís Villares é apartado da sala do TSXG que trata os proxectos eólicos. O Parlamento galego admite a trámite unha ILP para crear Áreas de Restauración Ecolóxica. Todo isto e máis, en Radio Cerna!
12/03/2026 [10:00:00] [12.77 MB]
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza denega á Xunta autorizar a caza do lobo e mantén paralizadas as batidas previstas en varios concellos galegos. E ao mesmo tempo, a Xunta aumentou nun 42 por cento o diñeiro que destina á Federación Galega de Caza na última década. ADEGA, PDRA, confrarías e organizacións de produtores reclaman ao Ministerio que non licite eólica mariña en Galiza sen concluír a revisión do POEM. O Partido Popular veta no Parlamento unha comisión de investigación sobre o proxecto de Altri. Todo isto e máis, en Radio Cerna!