18/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Que son unhas vacacións ecolóxicas e como podes gozar dos teus días libres sen influír negativamente no medio natural,... isto é o que descubrirás neste espazo Cerna, con ADEGA.
17/07/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
A LAT (liña de alta tensión) prevista entre Galiza e Portugal, desde o alto de Fontefría, pasaría polos concellos de A Cañiza, Covelo, As Neves e Arbo. O concello de Arbo oponse taxantemente a este trazado e reclama un alternativo para evitar o impacto en bens patrimoniais e económicos, pero, sobre todo, para preservar a saúde dos seus veciños e veciñas.
16/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A Xunta vén de paralizar a tramitación da mina de ouro de Corcoesto por deficiencias nas garantías económicas. Isto, lonxe de significar a paralización do proxecto, é interpretado polo colectivo ecoloxista ADEGA como unha táctica estética ou de salvagarda por parte da Xunta. Imos saber porqué.
15/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Recuperar a nosa memoria sobre a caza da balea en Galiza é o obxectivo do proxecto que promove a CEMMA (Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños) e que trata de compilar un fondo documental sobre esta parte da nosa historia litoral. Unha das iniciativas que se enmarcan no proxecto é a Exposición "Galicia, no lombo da balea" que está no Auditorio municipal de Cangas ata o vindeiro xoves 18 de xullo.
12/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Os casos Prestige, Corcoesto, Lei de Costas, entre outros, formaron parte da actualidade ambiental galega da última semana. Coñece que pasou no eido ambiental de Galiza, aquí en Radio Cerna.
11/07/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Voluntarios e voluntarias desprazaranse con ADEGA ás praias de Porto do Son e Pobra do Caramiñal, os vindeiros 18 e 23 de xullo para eliminar flora exótica das dunas. Esta actividade enmárcase dentro do programa "Conservando as nosas dunas" que, entre outros obxectivos, busca mellorar as condicións de hábitat da píllara das dunas.