Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

06/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 06/09/13

Escoita o único boletín informativo ambiental en galego e sobre o noso medio. Hoxe repasamos as novas máis destacadas da última semana.

05/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

O grafeno: o material que pode revolucionar o futuro

Está considerado o material máis duro do mundo, ou cando menos, un dos máis duros. Isto xunguido á súa flexibilidade ou elasticidade convérteo nun dos descubrimentos do século e quizais un dos recursos máis demandados nas próximas décadas. Neste programa coñecemos as súas cualidades e potenciais funcionalidades cunha das investigadoras que estudan a súa composición e propiedades.

04/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Cando nace a paisaxe tradicional do rural galego?

Probablemente nunca antes como agora se produciron mudanzas tan extremas na paisaxe; na contra conservamos durante séculos a paisaxe tradicional galega. Desde cando foi concibida é a pregunta trataremos de darlle resposta neste programa CERNA. Falamos da arqueoloxía do rural galego coa investigadora Paula Ballesteros.

03/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Antigas minas galegas como recurso patrimonial

As minas de ouro, volframio, estaño, etc. que se explotaron en Galiza desde a época romana están chamadas a converterse nun novo recurso patrimonial e turístico. Varios proxectos de alcance internacional están a interesarse polos vestixios mineiros galegos de hai séculos para poñelos en valor, dando a coñecer a súa historia, a súa relevancia na época e creando un produto atractivo para o turismo. Hoxe coñeceremos dous destes proxectos: Atlanterra e a ruta europea do volframio.

02/09/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os plans que rexerán as reservas da biosfera lucenses

A Deputación de Lugo presenta os seus plans para as Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares lucenses. Os obxectivos xa están marcados para os vindeiros anos, agora falta concretar as accións para poñer en valor, preservar e desenvolver estes dous espazos.

31/07/2013   [00:10:00]   [5.74 MB]

Mentiras sobre a matanza dos lobos do Barbanza

ADEGA desminte varias das afirmacións que fixo o Director Xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, en comparecencia parlamentaria, sobre o plan de control dos lobos híbridos no Barbanza, tras unha petición de AGE. O responsable da Xunta, segundo ADEGA, minimiza o número de batidas realizadas así como as capturas e os resultados da cacería durante os anos 2011 e 2012.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal