24/09/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
O Proxecto Ríos de voluntariado ambiental en ríos de ADEGA vén de comezar a súa campaña de outono. Esta fin de semana comeza as súas actividades de formación e voluntariado. O sábado terá lugar o curso de formación de voluntarios e o domingo realizarase a limpeza simultánea dos ríos galego. Pero isto non é todo, escoita!
23/09/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
Preto de 2.500 hectáreas queimadas, nas que se atopaban dúas especies singulares e 50 especies protexidas, alén dos danos económicos. Foi o pero lume do que vai de ano e tivo lugar nun espazo protexido como Rede Natura e proposto a Parque Natural polos colectivos sociais. A esperanza do Pindo é rexurdir canto antes, mais para iso precisa de axuda. Falamos co presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural.
20/09/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo daremos conta das novas ambientais que máis destacaron na última semana en Galiza, semana da mobilidade.
19/09/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A contaminación do río Limia está acadando cotas inasumibles, por iso a Confederación Hidrográfica Miño-Sil busca financiamento europeo para poder abordar de xeito ambicioso a súa rexeneración. Presentou a candidatura do proxecto "Rexenera Limia" ao programa Life de axudas, co apoio da Xunta e de varias empresas privadas con intereses no efluente. O presidente da confederación, Francisco Marín, explica en Radio CERNA en que consiste o proxecto.
18/09/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
ADEGA segue a construír e reconstruír charcas polo país a prol do fomento da biodiversidade vexetal e animal nos ecosistemas acuáticos. "Charcas con Vida" convoca unha nova xeira de traballo voluntario para esta fin de semana, achegando a sociedade á natureza, e contribuíndo a minimizar a desaparición dos pequenos humidais. Nalgúns países europeos a súa desaparición foi drástica, chegando a minguar entre un 50% e un 80%.
17/09/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
É o momento de debater sobre o futuro das enerxías renovables en Galiza. Tras os dous últimos decretos do goberno estatal que incrementa os custos da produción e consumo de electricidade e os recortes parciais ou totais das primas, a situación virou moi difícil tanto para as empresas produtoras como para os consumidores. Nunhas xornadas organizadas mañá e pasado en Vigo polo enxeñeiros industriais galegos reflexionarase sobre este asunto. Adiantamos algo desta reflexión coa axuda de Fernando Blanco Silva, un dos organizadores.