06/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Segundo a sinopse dos propios autores, este documental analiza o porqué dos incendios forestais en Galiza, tanto as causas estruturais como as principais motivacións dos incendiarios que os provocan. Está producido por Walkie Talkie Films e foi realizado por Emilio Fonseca e Uxía Buciños durante o ano 2012. Agora comézase a proxectar nalgunhas salas a través de varias entidades. Unha destas citas será o vindeiro 20 de novembro no Museo provincial de Lugo, da man de ADEGA. Nesteespazo falamos co director de "Queimar o Monte".
05/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Os resultados dunha investigación do CSIC dan conta do elevado nivel de contaminación por cobre que sufren algunhas rías galegas. As zonas máis afectadas son sobre todo os portos de mar con tráfico marítimo masivo, e as rías máis contaminadas son as de Ferrol e Vigo. Segundo nos explica o director deste estudo, a causa principal da contaminación por cobre débese á pintura dos barcos. Coñece os detalles da investigación a través deste espazo radiofónico.
04/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
O goberno galego reduciu a partida orzamentaria para políticas medioambientais en preto dun 75% desde o ano 2009. Para o vindeiro ano, Conservación da Natureza recibe un tesoirazo considerable e outras áreas quedan sinxelamente sen orzamento. ADEGA analiza os orzamentos da Xunta do vindeiro ano en materia ambiental.
31/10/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Este xoves dámosche conta das novas medioambientais máis sobresaíntes desta semana. Escoita este boletín e entérate!
30/10/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Creouse hai un ano para satisfacer aos consumidores/as de enerxía renovable en Galiza. "Nosa Enerxía" é unha cooperativa galega de enerxía verde que promove un novo modelo de xestión do consumo e produción eléctrica no que se aposta polas fontes renovables. Se queres coñecer como funciona este sistema, escoita este espazo.
29/10/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Novas formas de producir e consumir enerxía están a aparecer no país. Unha delas é "Som Energia", cooperativa que produce e comercializa enerxía con certificado verde en gran parte do Estado. Mañá coñeceremos outra experiencia similar pero só de ámbito galego, chamada "Nosa Enerxía".