02/12/2013 [00:10:00] [5.73 MB]
Hoxe recollemos en Radio Cerna os testemuños de Alfonso del Val, un dos primeiros investigadores na composta do Estado, e Betariz Martín, voceira de "Composta en Red" no I Foro europeo de Residuos, organizado por ADEGA os días 22 e 23 de novembro en Pontevedra. Ambos os dous, especilistas na compostaxe da materia orgánica xerada nos fogares, analizan a situación desta forma de tratamento dos residuos no Estado e animan ás institucións públicas a apostar por este sistema de reciclaxe.
29/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita e coñece cales foron as novas ambientais máis destacadas da semana aquí en Radio Cerna.
28/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Polo uso das enerxías renovables e de materiais sostibles para a construción, o centro educacional de Amigos da Terra, situado no Macizo central ourensán, vén de recibir un premio internacional. As Corcerizas gañou o segundo galardón "Hostelling International", co que se pretende mellorar a súa autosuficiencia enerxética.
27/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A asociación cultural-ecolóxica de Ridimoas é a organización galega con máis terreo custodiado. Actualmente conta cunha propiedade de 500 Ha no concello de Beade que pertencen á extensión do bosque de Ridimoas. Alí desenvólvense actuacións de conservación, de educación ambiental, e mesmo produtivas. Imos coñecer máis a fondo o proxecto con David Rodríguez, vicepresidente da asociación.
26/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
Xa se dan as condicións para reconverter o actual modelo enerxético contaminantes por outro modelo máis sostible e xusto socialmente. Para impulsar este cambio e convencer vontades, nace a Plataforma estatal por un novo modelo enerxético, constituída hai preto de dous anos. Recentemente, lanzou a Campaña "desolbediencia" onde insta aos cidadáns a revelarse contra o oligopolio eléctrico de España e buscar alternativas para o seu consumo de gas e electricidade.
25/11/2013 [00:10:00] [5.74 MB]
A nova lei de Avaliación ambiental recurta os procesos de tramitación para acadar unha autorizaciónambiental, concentra nunha soa normativas varios trámites e abre a porta á mercantilización da biodiversidade. Permite a creación de "bancos de biodiversidade" ou "bancos de hábitats" cuxo significado explicamos neste programa coa axuda de Fins Eirexas de ADEGA.