06/03/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita en poucos minutos a actualidade ambiental que deparou a última semana ho territorio galego.
05/03/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
As cinco organizacións ecoloxistas máis importantes do Estado veñen de presentar 14 propostas de cambio aos candidatos/as ás eleccións europeas do 25 de maio. O seu obxectivo é que as políticas ambientais, non só teñan cabida no futuro de europa, senón que estean deseñadas como alternativa económica e como saída da crise.
03/03/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
ADEGA dará continuidade ao proxecto de voluntariado ambiental "Charcas con Vida" durante este ano 2014. O colectivo ecoloxista prevé a creación e recuperación de novas charcas, sesións formativas sobre os seus valores, ampliar o inventario online de pequenos humidais en Galiza, e algunha que outra novidade...
28/02/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece cales foron as noticias ambientais máis relevantes no país durante a última semana...
26/02/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A deseñadora María Almazán explica baixo que criterios se mide a sostibilidade na elaboración téxtil e cal é a trazabilidade ou seguimento que debe seguir desde o cultivo da materia prima ata chegar ás tendas. Tamén nos dará conta de cales son os selos que certifican a moda sostible.
24/02/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Ser responsable no consumo de roupa non é cuestión só do consumidor, tamén do sector téxtil. Varias empresas de moda, deseñadores, estudantes,... de Galiza xuntáronse en Plataforma para promover a moda sostible e traballar a prol da produción respectuosa co medio ambiente e coas persoas. Hoxe coñecemos en Radio Cerna esta iniciativa.