16/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Do 1 ao 4 de xullo, a Universidade da Coruña impartirá o curso "Iniciativas de conservación ambiental e participacón social" que tentará trasladar os coñecementos básicos sobre este eido a estudantes universitarios e a todas aquelas persoas interesadas. O curso abordará contidos sobre as ferramentas máis habituais de conservación e aquelas máis novidosas das que pode botar man a propia cidadanía. Os estudantes da UDC recibirán 1 crédito de libre configuración pola asistencia a este curso.
13/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Coñece as novas máis actuais do que pasa no medio ambiente galego. Escoita o noso boletín informativo ambiental desta semana!
11/06/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Este domingo lanzouse a campaña "Cousa de Raíces" en defensa do bosque galego. Máis de 40 colectivos e entidades de diversos eidos (ecoloxista, empresarial, investigación, comunidades de montes, sindicatos, etc.) poñen a andar esta campaña que intentará aglutinar nun esforzo común o traballo de todos os colectivos do país que promovan e potencien as masas de árbores autóctonas. O obxectivo é deter a regresión das escasas masas de árbores autóctonas que quedan en Galiza, dar a coñecer a sociedade os motivos da necesidade de preservalas e facer ás galegas e galegos conscientes de todos os valores fundamentais e oportunidades que obstenta o noso bosque.
09/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Un novo proxecto de autoestrada ameaza con impactar a comarca de Pontevedra, desde o punto de vista ambiental, patrimonial e social. A A-57, no seu treito Vilaboa-A Ermida, a pesar de só ter unha lonxitude de 7 quilómetros, está a crear un gran rexeitamento social polas agresións que supón para o territorio afectado. Neste espazo coñecemos as razóns de oposición a este proxecto manifestadas pola recentemente constituída plataforma "Salvemos A Fracha".
06/06/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo repasamos as novas ambientais máis destacadas desta semana mundial do Medio ambiente. Compárteas con nós!
04/06/2014 [00:10:00] [5.75 MB]
Unha sentenza do Tribunal de Luxemburgo senta xurisprudencia sobre como se debe interpretar a Directiva Hábitats con respecto á execución de obras ou infraestruturas que potencialmente afecten os valores ambientais de Rede Natura 2000. En concreto, dito fallo, denegou a construción dunha autoestrada en Holanda que atravesaba hábitats protexidos por non considerala unha obra de interese xeral de primeira orde. Analizamos a sentenza coa profesora en dereito ambiental, Alba Nogueira.