06/10/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Non todas as madeiras de especies arbóreas autóctonas son válidas para a construción estrutural ou de vivendas, segundo o Código Técnico da Edificación. É curioso que ata o momento tan só 3 variedades de piñeiro e 1 de eucalipto estean recoñecidas para estes usos. A esta escasa lista de especies madeirables válidas para a construción súmase agora o castiñeiro. Pero, as demais árbores galegas teñen algunha opción para ser consideradas madeiras estruturais?
03/10/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Convidámoste a repasar con nós a actualidade ambiental da última semana. Achégate a Radio Cerna!
01/10/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
A capital galega será a capital das abellas e da apicultura a vindeira fin de semana. A Asociación Galega de Apicultura xunto coa Asociación para o fomento dos congresos apícolas organiza para os días 3, 4 e 5 de outubro o VII Congreso Apícola hispánico cuxos temas xirarán arredor da multifuncionalidade da apicultura. Acudirán a este congresos especialistas de todo o mundo sobre o coidado das abellas, a súa saúde ambiental, as novas tecnoloxías ou técnicas de manexo de colmeas, produtores de unha grande diversidade de produtor derivados do traballo das abellas, etc. Ademais, haberá exposicións, concursos, obradoiros, etc.
29/09/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
A Cova do Rei Cintolo (Mondoñedo) seguirá aberta a visitas cando menos nos vindeiros 3 anos, grazas á colaboración da Área cultura da Deputación provincial. O seu atractivo para os turistas é cada vez maior, por iso se fai preciso establecer límites de acceso e regular as visitas. Hoxe falamos deste interesante elemento patrimonial e xeolóxico de Galiza cunha das persoas que mellor o coñecen.
26/09/2014 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita este espazo Cerna e entérate das novas ambientais máis destacadas desta semana en Galiza!
24/09/2014 [00:10:00] [5.73 MB]
Desde 2012 non se tivo coñecemento de novos intentos de fumigar masivamente os eucaliptais galegos contra a praga do gorgullo ata agora. ADEGA vén de facer pública a autorización do Ministerio outorgada á Xunta e a patronal pasteira (ASPAPEL) para fumigar 17.500 Ha de territorio cun produto non deseñado para este tipo de praga. O experimento lévase realizando desde o 9 de xuño, sen que a Xunta o fixese público e sen anunciar os riscos que conleva a aplicación deste novo tóxico no ambiente.