Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

17/11/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Ciencia en galego. A experiencia de Igaciencia

Igaciencia é a Institución Galega da Ciencia e o seu propósito é reivindicar e apostar polo uso do galego nas materias científicas de primaria e secundaria.No Día da Ciencia en galego expuxo algunhas das iniciativas, apoiadas nalgúns casos pola Deputación de Lugo, que se están a desenvolver con esta finalidade e que durante o mes de novembro se poderán ver en Lugo e en Santiago de Compostela.

14/11/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 14/11/14

Coñece as novas máis destacadas da última semana no terreo da ecoloxía en Galiza, neste espazo de Radio Cerna!

12/11/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Manual de custodia fluvial de Proxecto Ríos

Proxecto Ríos e ADEGA veñen de publicar un manual de custodia fluvial co obxectivo de trasladar á sociedade galega algúns mecanismos para poder custodiar ou adoptar un treito de río. O manual está dispoñible para a descarga no web de ADEGA e de Proxecto Ríos.

10/11/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

A industria galega duplica a contaminación media do Estado

As 12 industrias máis contaminantes de Galiza duplican a media estatal en contaminación atmosférica. Ramón Varela, experto na materia, analiza cales son as industrias galegas máis contaminantes a partir do Rexistro público de Emisións contaminantes das industrias españolas.

07/11/2014   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 07/11/14

Damos repaso as novas ambientais máis destacadas na última seman en territorio galego. Escóitaas!

05/11/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Castro de Remonde: un ben colectivo para a formación ambiental e patrimonal

ADEGA e a Fundación Eira adquiron un castro na Ulloa para poñer a disposición da aprendizaxe e coñecemento colectivo sobre a preservación e coidado ambiental e patrimonial. O Castro de Remonde pretende ser un referente na formación mediante a Escola Carme Buxán, creada na honra da primeira arqueólogo que catalogou por primeira vez os castros do Deza e que finou recentemente.
Neste espazo abordaremos con Manuel Gago, coordinador do proxecto, en que consistirá esta nova experiencia de posta en valor do noso patrimonio.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal