Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

02/01/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 02/01/15

Neste primeiro boletín informativo ambiental de Radio Cerna deste 2015, repasamos a actualidade máis relevante da última semana no eido ambiental galego.

31/12/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Balanzo ambiental do ano 2014

Radio Cerna fai repaso do ano 2014 no eido ambiental galego. Neste espazo recóllense algúns dos feitos e temáticas máis relevantes deste ano no panorama ecoloxista ou medioambiental galego a través da voz das persoas protagonistas. Non o perdas!!

29/12/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

O modelo de souto de Hifas da Terra

Hifas da Terra presenta o seu proxecto empresarial e tamén o seu modelo ideal de bosque de castiñeiros ou souto. Esta empresa dedicada desde hai 13 anos fundamentalmente á investigación de fungos e das súas aplicacións na alimentación, na saúde, e na micorrización das plantas, dá emprego a 40 persoas, a maioría cualificadas. Unha das súas liñas de traballo actual é a de extender como alternativa de futuro o seu modelo de souto multifuncional.

26/12/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

Posada Marrón Glaçé, pioneira na posta en valor da castaña galega

Posada Marrón Glaçé é unha empresa referente na transformación e venda da castaña galega e tamén é un modelo como iniciativa emprendedora e que aproveita os recursos naturais de forma sostible. Neste espazo imos coñecela da man da súa xerente María Posada, filla do recentemente finado Xosé Posada, creador desta aventura empresarial que conserva moi boas expectativas de futuro.

24/12/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

A indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia

A Indicación xeográfica Castaña de Galicia pon en valor a tradición, o prestixio, a historia e a calidade da castaña galega. No noso territorio temos máis de 69.000 hectáreas de castiñeiros, que representan máis do 58% da castaña do Estado, o que implica unha importante fonte de recursos para o noso territorio; sen embargo,  falta man de obra no rural  para abastecer á industria galega da castaña. Manuel López, secretario da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, menciona algunhas das razóns que motivan esta situación e debuxa o escenario actual do mercado e das saídas deste produto galego.

22/12/2014   [00:10:00]   [5.73 MB]

A ordenación do territorio galego: na busca de criterios

Neste espazo escoitaremos as reflexións do Catedrático de Análise Xeográfica Rexional da USC, Rubén Lois, sobre como evolucionou o ordenamento territorial de Galiza nas últimas décadas. Tamén indicará algunhas das claves que, desde a súa perspectiva de especialista, se deben de ter en conta á hora de ordear o territorio e que, sen embargo, se desbotaron.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal