Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

02/03/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Novo método de participación na planificación forestal

A participación da sociedade galega na planificación dos terreos forestais non existe ou non funciona. Así de claro o expresa na súa tese doutoral o enxeñeiro de montes Xabier Bruña quen propón unha nova metodoloxía de participacíon na que os sectores sociais teñan máis presenza e decisión sobre o que se vaia facer nos terreos forestais. Pasar dunha planificación vertical, onde a Administración é quen ordea, a unha planificación horizontal, onde funciona de intermediaria, conleva tamén unha serie de vantaxes que coñecemos co autor da tese.

27/02/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 27/02/15

Escoita cales foron as novas máis destacadas na actualidade ambiental de Galiza, na última semana, a través deste boletín informativo ambiental que che ofrece Radio CERNA!

25/02/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Baterías tóxicas en Cabo Vilán... aínda é posible!

Pese á renuncia anunciada de Gas Natural-Fenosa de instalar no espazo de Rede Natura de Cabo Vilán unhas baterías de almacenamento de enerxía eólica, ADEGA denuncia o proxecto na Comisión Europea polo seu potencial contaminante. O colectivo ecoloxista critica que o proxeto non conte coa preceptiva avaliación de impacto ambiental e considera que a autorización da Xunta para desenvolver este proxecto nun espazo protexido é ilegal.

23/02/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Os santuarios animais de Galiza. A experiencia de Vacaloura

Desde 2013, Galiza existen dúas experiencias de "santuarios animais", refuxios de animais que son respectados e tratados desde a filosofía antiespecista e veganista. Hoxe, en Radio CERNA, coñecemos a experiencia do Santuario animal de Vacaloura de Santiago de Compostela.

20/02/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 20/02/15

Neste boletín informativo ambiental escoitarás o resumo das novas máis destacadas no eido ambiental e ecoloxista de Galiza da última semana!

18/02/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

I Xornada sobre maltrato animal en Compostela

Será o vindeiro sábado 21 de febreiro na Casa do Peixe do barrio compostelán do Sar. ABEIRO e ADEGA organizan a primeira xornada sobre maltrato animal onde convidan a reflexionar sobre o actual repunte de casos de maltrato animal nesta área de Santiago e, en xeral, sobre as medidas a adoptar contra este tipo de delitos. No encontro participarán grande parte dos colectivos galegos cuxa principal misión é a defensa animal. A xornada completarase cunha concentración por "Calcetíns" e un obradoiro de cociña vegana.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal