16/03/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Trata de poñerlle imaxe e voz ao abandono e morte silenciosa do rural galego. A mostra "Os camiños da brétema", promovida polo colectivo poético A Porta Verde do Sétimo Andar e o fotógrafo Vicente Ansola, estará exposta no Museo provincial de Lugo ata finais de mes. A través dela achegarémonos a crúa realidade, pero desde unha perspectiva colorida. María Xosé Fernández do colectivo poético fálanos da raíz, sentido e finalidade desta exposición.
13/03/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental do país e coñece que actividades ambientais se realizarán os vindeiros días no noso territorio.
11/03/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental xunto coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares, para este sábado 14 de marzo. Este acto de custodia fluvial permitirá á cidadanía loitar contra unha das plantas invasoras máis perigosas que se atopan no noso territorio: as acacias ou mimosa. Neste programa coñeceremos cales son os seus impactos.
09/03/2015 [00:10:00] [5.75 MB]
O biólogo e membro do CSIC, Alberto Fernández Gil, a través da súa tese sobre o comportamento dos grades carnívoros na Cordilleira Cantábrica, pon de relevancia algunhas consecuencias paradóxicas do modelo de xestión do lobo que se está a seguir en Asturias. Conclúe que o control da poboación de lobos, mesmo pode intensificar os ataques ao gando e que as súas poboacións poden verse fortemente alteradas por causas sociolóxicas alleas á especie.
06/03/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Escoita cales foron as novas ambientais de Galiza máis destacadas da semana... Non quedes coa dúbida!
04/03/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Preto de 2 millóns de euros en indemnizacións ten que pagar a Xunta por aprobar proxectos de acuicultura en espazos de Rede Natura. Unha recente sentenza do Tribunal Supremo obriga á Xunta a indemnizar a Pescanova con case 1 millón de euros polos prexuízos xerados ao dar luz verde a un proxecto ilegal en Cabo Touriñán, espazo de Rede Natura. Este é a segunda vez que a Xustiza bota abaixo unha planta de acuicultura nun espazo protexido, logo de que en 2012 tamén deixase sen efecto o proxecto acuícola de Acuinor, en Rinlo (Ribadeo). A asociación ecoloxista ADEGA advirte que pese a estes precedentes, o goberno de Núñez Feijóo segue teimando en permitir este tipo de instalacións en áreas de máxima protección ambiental, algo que apagamos pagando todos.