15/07/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
O enxeñeiro agrónomo Iván Díaz López deseñou un modelo de concentración agraria e recuperación de terras abandonadas que evita o impacto da concentración parcelaria e escapa dos cambios de titularidade dos terreos. O proxecto MARCOS avoga por destinar terreo agrario a quen o precisa favorecendo tamén aos titulares das terras. Se queres coñecelo, só tes que premer para escoitalo!
13/07/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
O abandono e perda das terras de cultivo ou da superficie agraria útil en Galiza é un problema cada vez máis acuciante. No último seminario de verán da USC sobre medio rural debatéronse as distintas formas que existen hoxe en día de recuperar terras agrarias para a produción sen alterar a titularidade dos terreos. Hoxe coñecemos algunhas destas extratexias co membro do Laboratorio do Territorio da USC, Eduardo Corbelle.
08/07/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Na última década a fumigación das beiras das estradas, chegada a primavera, xa é unha práctica habitual que preocupa, e moito, aos grupos ecoloxistas e aos defensores da saúde ambiental e das persoas. Neste programa de Radio Cerna abordamos esta problemática ambiental e os impactos derivados da fumigación masiva de estradas, que en Galiza ten unha especial relevancia. Facémolo co biólogo Cosme Damián Romay Cousido.
06/07/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
O Museo do Mar de San Cibrao, dependente da rede museística da Deputación de Lugo, conserva a mellor colección de ósos desta especie xa extinguida. Neste espazo coñecemos a historia que envolve a balea vasca nos mares de Lugo, desde o século XIII, así como os vestixios que se conservan dese patrimonio nas instalacións do Museo do Mar.
03/07/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Neste espazo Cerna facemos repaso das novas ambientais máis destacadas acontecidas en Galiza na última semana. Escóitanos!
01/07/2015 [00:10:00] [5.75 MB]
Hoxe entra en vigor o polémico plan de conservación da praia das Catedrais que tamén tratará de regular o acceso de visitas ao monumento natural. Desde Radio Cerna quixemos coñecer mellor que implica este plan e cales son os seus defectos e virtudes coas dúas partes protagonistas na polémica xerada arredor da súa aprobación: a Consellaría de medio ambiente e o concello de Ribadeo. Por motivos que nos son alleos, ninguén da consellaría de medio ambiente atendeu ás reiteradas chamadas que Radio Cerna fixo no último mes, mais si o fixo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, a quen escoitamos neste espazo.