Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

26/10/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Unha sentenza prohíbe plantar eucalipto nitens en espazos públicos

Unha sentenza da Audiencia Nacional prohíbe a plantación de eucalipto nitens en espazos públicos. O fallo derivou dun recurso da filial asturiana de Ence, Ceasa, contra o rexeitamento administrativo dun proxecto que pretendía a plantación de 4 millóns de plantas de eucalipto nitens en territorio de dominio público marítimo-terrestre. A raíz desta sentenza, a Alianza rural galega, conformada por ADEGA, FRUGA, CIG e ORGACCMM piden á Xunta que prohíba a plantación desta especie en espazos públicos, espazos protexidos e espazos sensible ambientalmente.

23/10/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

Boletín informativo ambiental 23/10/15

Acompáñanos nesta viaxe pola actualidade do medio ambiente galego. Coñece a realidade ambiental de Galiza!

21/10/2015   [00:10:00]   [5.73 MB]

A loita contra a avespa asiática non avanza

"A loita contra a avespa asiática non avanza", así é como o manifestan os apicultores que reclaman a atención da Xunta para mellorar o protocolo de control e promover un equipo de investigación que deseñe medidas efectivas contra a propagación desta praga. Xesús Asorey, secretario de AGA, explícanos como está a evoluír a loita contra a avespa invasora e as demandas dos apicultores galegos ao respecto.

19/10/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

A avespa autóctona, prexudicada pola loita contra a avespa asiática

ADEGA chama a atención sobre os danos colaterais que está a sufrir a avespa común e europea (crabro) por mor da loita contra a invasión da avespa asiática. O colectivo denuncia que moitas accións de eliminación de niños están a actuar contra niños de avespa autóctona ante o descoñecemento polo persoal executor das diferenzas coa avespa velutina. Demanda que se informe á cidadanía e a todo os axentes implicados na eliminación de niños para que a identificación da avespa invasora sexa correcta.

16/10/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 16/10/15

Repasa connosco a actualidade ambiental galega en tan só 10 minutos!

14/10/2015   [00:10:00]   [5.74 MB]

Actúa contra o uso do glifosato!

A plataforma fumigacionsnon.org e Rural contemporánea lanzan a campaña #libresdeglifosato para que a cidadanía presente mocións nos seus concellos para a prohibición do uso do glifosato na fumigación de espazos públicos. Neste espazo de Radio Cerna coñecemos a campaña e as ferramentas que nos ofrece para facer cumprir o noso dereito a non ser fumigados con este tipo de químico tóxico, que se aplica indiscriminadamente en espazos públicos, pese a ser recentemente declarado como "potencial carcinóxeno" pola Organización Mundial da Saúde.

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal