11/11/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Antón Masa, voceiro da Asociación para a Defensa da Ría da Pontevedra, preséntanos o Libro Branco de Ence, unha publicación que tenta desmentir algúns dos argumentos utilizados pola pasteira para permanecer na Ría de Pontevedra por outros 50 anos máis. O documento pódese descargar completo desde encefora.gal.
09/11/2015 [00:10:00] [5.73 MB]
Adela Figueroa e Montserrat Lombardía de ADEGA visitaron durante uns días o proxecto educativo que o galego Xosé Paz desenvolve na Casa de Galiza de Santiniketan, localidade hindú da Bengala Occidental. Neste espazo, reproducimos a entrevista que as dúas representantes galegas lle realizaron durante a súa estancia na India ao fundador da Casa hindú de Galiza, educador e seguidor da filosofía de Rabindranath Tagore, o doutor Xosé Paz.
06/11/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Acompáñanos no repaso semanal da actualidade ambiental galega!
04/11/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
A Universidade de Vigo determina cales son os camiños predilectos de paso para o oso pardo en Galiza. O obxectivo desta investigación, dirixida polo profesor de Enxeñaría forestal Enrique Valero, é favorecer a protección da especie coidando e preservando, ao mesmo tempo, as súas zonas de paso e evitando puntos sensibles nos que se poida ver ameazada. Coñecemos o proxecto a fondo co seu director.
30/10/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
Aquí vai unha nova entrega do boletín informativo ambiental de Galiza que repasa a actualidade relacionado co noso medio natural.
28/10/2015 [00:10:00] [5.74 MB]
A bióloga María Calviño, da Universidade de Vigo, explica cales son os impactos do eucalipto nitens segundo consenso da comunidade científica. Esta investigadora participou na valoración e ditame final sobre os impactos do viveiro deste tipo de planta que Ence prevía desenvolver na ría de Navia, en Asturias. Este proxecto foi descartado recentemente por unha sentenza da Audiencia Nacional polos seus efectos negativo no medio natural.