Radio CERNA

Radio CERNA

Buscador

Formulario de busca

13/07/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

A depuración natural chega a Campo Lameiro e a Cerdedo

A depuración natural das augas residuais estase a estender por Galiza como alternativa aos sistemas de depuración convencionais en poboacións inferiores a 2.000 habitantes. É unha das formas máis ecolóxicas e sostibles de depurar as augas residuais de pequenas localidades e que ademais aforra investimento, gastos de mantemento e favorece a fertilidade dos solos e a biodiversidade. Na provincia de Pontevedra, os municipios de Campo Lameiro e Cerdedo veñen de impulsar proxectos piloto de depuración natural coa creación de humidais artificiais.

11/07/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

COLLE3: apelando á conciencia individual contra o plástico no mar

"Colle3" é unha iniciativa impulsada polo Clube Augasantas Kitesurf de Barreiros que apela á conciencia e responsabilidade individual das persoas que acuden e habitan no litoral contra o lixo.  Esta idea xunto coa dos "venres sen plástico" son pequenas accións que conseguen grandes resultados. E ímolo comprobar co presidente do Club Augasantas, Óscar García.

08/07/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Boletín informativo ambiental 08/07/16

En 10 minutos repasamos a actualidade medioambiental galega. Escóitanos!

06/07/2016   [00:10:00]   [5.73 MB]

Primeiro manual dos combustibles forestais de Galiza

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán e a USC presentan a primeira foto-guía dos combustibles forestais de Galiza. A partir do traballo do investigador Stefano Arellano determínanse 4 grupos de combustibles forestais e defínense as diferentes variables e combinacións de variables que inciden na proliferación e virulencia dos lumes forestais nos montes galegos. Se queres saber como funciona este manual, e que situacións son as máis propensas ao lume, escoita este espazo.

04/07/2016   [00:10:00]   [5.74 MB]

Que é e que non é a restauración fluvial?

O Centro Ibérico de Restauración Fluvial (CIREF) nace en 2009 para promover unha nova idea de restauración fluial máis achegada á conservación dos recursos naturais fronte criterios economicistas desta práctica. O concepto de "Restauración fluvial" foi ademais deturpado nas últimas dúas décadas coa promoción de obras públicas no seu nome que nada tiñan a ver con tal obxectivo e que, mesmo, degradaron máis as bacías fluviais.

01/07/2016   [00:10:00]   [5.75 MB]

Boletín informativo ambiental 01/07/16

Convidámoste a coñecer a actualidade ambiental de Galiza a través deste espazo de Radio Cerna!

Radio CERNA
Ronda Fontiñas, 180 Entrechán. 27002 Lugo
Tlf: 982 240 299 Email: radiocerna@adega.gal
Administración:Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal