ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / Lugo

Lugo

02/10/2014

Último mes para participar na IV edición dos concursos polo Territorio

O prazo de participación na IV edición dos concursos “Fotografías polo territorio” e “O lugar onde vivo” e o III Certame de “E ti que é o que ves?” entra na súa recta final. Ata o 1 de novembro hai tempo para enviar os orixinais.

+info

30/09/2014

ADEGA-Lugo pide maior vixianza ambiental na cabeceira do Rato

ADEGA manifesta a súa preocupación pola constante acumulación de residuos sólidos urbanos que ano tras ano se atopa nas dúas vertentes do nacemento do río Rato, nas Gándaras e no Ceao. O pasado domingo retirou da zona preto de 1 tonelada de lixo.

+info

07/07/2014

COUSA DE RAÍCES reivindica o bosque galego como protector do solo

A campaña foi presentada hoxe en Lugo en rolda de prensa

Hoxe, Día Mundial da Conservación do Solo, ADEGA e outros 45 colectivos, presentaron en rolda de prensa en Lugo a campaña a prol do bosque autóctono “Cousa de Raíces”, onde se falou dos beneficios das especies autóconas para a creación de solo fértil

+info

04/07/2014

ADEGA insta ao Concello a retomar o compromiso coa planta de compostaxe de Lugo

A folga dos traballadores/as de Urbaser en Lugo debruzounos bruscamente perante os nosos residuos. ADEGA chama a atención sobre a cantidade de lixo orgánico que se podería ter retirado das rúas se o Concello de Lugo cumprise coa planta de compostaxe.

+info

28/04/2014

A Confederación Miño-Sil deixa fóra dos mapas de inundación treitos dos ríos Rato e Neira

ADEGA e RÍOS CON VIDA presentaron alegacións aos Mapas de perigo e risco de inundación encargados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil por usar unha cartografía incompleta e documentación obsoleta.

+info

24/04/2014

Nas podas e clarexos de estradas e beirarrúas, que traballo custa non danar as nosas árbores?

O caso da N-642 en Meira é un exemplo do que non se debe facer

ADEGA insta a Fomento a que regule as podas que se realizan nas beiras das estradas de cara a establecer un modelo eficiente e respectuoso cos biodiversidade, sen que estas queden ao arbitrio dos operarios, como aconteceu na N-642.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal