Inicio / Novas / Delegacións / A Mariña
O proxecto presentado por varios colectivos culturais, entre eles ADEGA, non consegue a autorización que permitiría o estudo, a documentación e a recollida de restos cerámicos do forno romano de Esteiro, situado na zona da Praia das Catedrais.
A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural vénnos de comunicar oficiosamente que dará autorización para desenvolver o Proxecto Arqueolóxico para o Estudo e Protección do forno romano de Esteiro solicitada por ADEGA, Mariñapatrimonio e outros colectivos
ADEGA, Mariñapatrimonio, Cultura do País, Os Espigueiros, Agrupación cultural Francisco Lanza, Ollomao, A Galleira ou a Irmandade de Santo Estevo inician unha campaña na defensa do xacemento romano das Praias das Catedrais, que se inicia cun roteiro.
Varios colectivos, entre eles ADEGA, demandan medidas urxentes a Costas e Patrimonio para protexer a vila-factoría romana de Viveiro fronte a súa previsible destrución coa chegada de novos temporais.
ADEGA e MariñaPatrimonio vimos de advertir ao Servizo de Patrimonio Culturala que no lugar da Muxueira (Riotorto- Lugo) estanse a levar a cabo labores de corta e plantación de eucaliptos enriba dun xacemento aurífero da época romana sen inventariar.
ADEGA e Mariñapatrimonio veñen de denunciar ante a Costas, a D.X. de Conservación e o concello de Foz, que as obras que están a realizar na praia de Arealonga están a eliminar un dos xacementos paleclimáticos máis importantes de Europa.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal