ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
02/03/2015

Rinlo, Touriñán... Crónica do saqueo ambiental e do desbaldimento de cartos públicos

A recente sentenza do Supremo que reafirma a ilegalidade do permiso que Fraga e Feijóo deron a Touriñán, únese á que en 2012 fallou o TSXG sobre a piscifatoría de Rinlo. Dúas actuacións ilegais que custaron ao erario público 1.780.000€

+info

27/02/2015

Unha proba deportiva ameaza hábitats e especies en perigo de extinción

O chamado ´Trail de Couso´reunirá este vindeiro 1 de marzo en Ribeira a máis de 200 persoas nun percurso pola costa do complexo húmido de Corrubedo sobre dunas fixas e poboacións botánicas moi raras e ameazadas

+info

24/02/2015

Xubia-Castro: outro espazo protexido estragado polos eucaliptos

Dentro da campaña "Cousa de Raíces" vimos de denunciar outra plantación de eucaliptos sobre un antigo bosque atlántico na ZEC (LIC) Xubia-Castro, parte da Rede Natura 2000.

+info

17/02/2015

ADEGA denuncia na Comisión Europea as baterías tóxicas de Fenosa en Cabo Vilán

Malia a que Fenosa (aparentemente) renunciou á instalación das baterías experimentais tóxicas no Cabo Vilán, ADEGA vén de denunciar a actuación da Xunta diante da Comisión Europea. Como é posíbel eximir de estudo de impacto a este proxecto?

+info

11/02/2015

Informe sobre o estado dos ríos galegos 2014

O Proxecto Ríos vén de apresentar o seu informe anual correspondente ao ano 2014. Detéctase unha acusada diminución dos treitos en bo estado e un aumento dos de calidade moderada e deficiente.

+info

06/02/2015

ADEGA participa na capacitación de persoal técnico de Custodia do Territorio

ADEGA, e o seu proxecto Charcas con Vida veñen de ser seleccionados para o Programa de axudas para a capacitación de técnicos/as de custodia do territorio dentro do proxecto Tejiendo Redes.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal