ADEGA analiza o impacto do estado de alarma sobre a redución da contaminación das principais cidades galegas con respecto a valores de 2019 e nas diferentes etapas do confinamento. Agás Ferrol, todas as grandes cidades galegas presentan mellora.
ADEGA esixe explicacións e a disposición por parte da Administración de todas as medidas necesarias para que se clarexe o antes posible a orixe e alcance do recente episodio de contaminación mariña e reclama a revisión do Plan de Continxencias.
Nestes días están a aparecer gran número de aves mariñas abeiradas nas praias. Están enchoupadas dunha substancia oleosa, moi probabelmente procedente dun "sentinazo". Pedimos a colaboración da cidadanía para localizar e tratar estas aves
Nos orzamentos de 2020 non hai ningunha partida para manter á compostaxe no fogar nin a comunitaria. Tampouco para o estudo dunha planta de compostaxe industrial. Incumpriranse os obxectivos de reciclaxe da UE, o que podería dar lugar a sancións
ADEGA vén de asinar un convenio de colaboración coa UNED de Lugo, co galo de crear novas sinerxías para fomentar conxuntamente a educación ambiental na cidade de Lugo.
Dous anos e medio de loita social fixeron que a Xunta tivera que rexeitar a reapertura da mina de Touro, malia ás facilidades lexislativas e administrativas concedidas por Feijóo ao lobby mineiro
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal