ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
26/11/2013

Políticos tóxicos: O PP fica só na defensa do cianuro e rexeita a lei para prohibir o seu uso en minaría

O grupo parlamentar do PP vén de retratarse hoxe no Parlamento como único defensor do uso do cianuro en minaría. Rexeitou aprobar unha proposición de lei redactada polos ecoloxistas galegos para prohibir o uso deste veleno en calquera mina do país.

+info

25/11/2013

Rebelión contra SOGAMA: O problema non é só o prezo, é o modelo

No Foro de Pontevedra a Xunta fía a redución do lixo á continuación da crise

No Foro Europeo dos Residuos desta fin de semana en Pontevedra, o "taxazo" de SOGAMA foi un dos temas estrela. A preocupación dos concellos son os cartos, mais o que se debería cuestionar é o modelo. E hai alternativas reais que funcionan

+info

23/11/2013

Nova apertura ilegal da lagoa da Frouxeira

Xa estamos ante outra nova apertura da lagoa da Frouxeira perpetrada pola Consellería de Medio Ambiente, no seu permanente costume de saltarse a normativa ambiental.

+info

20/11/2013

Diante do saqueo de SOGAMA, HAI ALTERNATIVAS! Foro Europeo da reciclaxe en Pontevedra

22 e 23 de novembro: Foro europeo sobre residuos en Pontevedra

Feijóo vén de dar a pauta para evitar que os concellos repercutan a suba do canon do lixo: Saír de SOGAMA. Dende ADEGA animamos aos concellos a tomarlle a palabra e descobrir como no foro "Cara unha sociedade da reciclaxe, iniciativas e experiencias"

+info

20/11/2013

Nunca Máis chegará até o tribunal europeo de Estrasburgo para denunciar a aldraxe do Prestige

Acordamos apresentar recurso de casación perante o Supremo e logo ir ao Constitucional como pasos necesarios para chegar a Europa. Non confiamos na xustiza española: Retratouse perfectamente coa vergoñenta e aldraxante sentenza do Prestige.

+info

19/11/2013

Xornada de voluntariado na Casa das Insuas

O proxecto Charcas con vida convoca unha nova xornada de voluntarido ambiental na Casa das Insuas para a contrución dunha charca

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal