ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
21/05/2014

Os escolares de Carballo aprenden a compostar

Onte 20 de maio ADEGA e o concello de Carballo comezamos un novo programa de educación ambiental cuxo obxectivo é reducir os residuos e aprender a compostar os restos orgánicos.

+info

21/05/2014

Se o matas, non che voto!

Entidades conservacionistas piden á cidadanía que non voten a partidos que defenden a morte do lobo ibérico

+info

16/05/2014

Pontevedra certifica a morte da SOGAMA do sur ao promover unha planta comarcal de compostaxe

Concello e Deputación asinan un acordo para construir unha instalación de tratamento de RSUs baseada na compostaxe

A planta de compostaxe que promove o concello de Pontevedra e a Deputación abre unha vía de esperanza para os concellos que buscan abandonar a ditadura de SOGAMA e da incineración. ADEGA apoia a inciativa e anima a apostar masivamente pola compostaxe

+info

15/05/2014

ADEGA xa recolleu 3 toneladas de roupa para reciclar

Hai un ano que ADEGA se uniu á rede de recollida de roupa usada de Equus Zebra. Durante este período, as nosas instalacións de Compostela e Lugo acolleron preto de 3 toneladas de roupa e calzado destinadas á reutilización e á reciclaxe téxtil.

+info

13/05/2014

O uso masivo de herbicidas nas estradas esténdese tamén aos camiños de ferro

ADIF vai fletar un comboio fumigador que verterá milleiros de litros de glifosato na vía Coruña-Ferrol

ADIF vai fletar un tren fumigador para eliminar a vexetación da liña Coruña-Ferrrol. O comboio esparexerá o herbicida nas dúas beiras da vía. Serán milleiros de litros de tóxicos inxectados nos ecosistemas, acuíferos e a carón de cultivos e vivendas

+info

07/05/2014

Ribeira Sacra: ou Patrimonio da Humanidade, ou de Iberdrola, GN-Fenosa, construtoras, canteiras...

A falla de protección efectiva e os agresivos proxectos en marcha neste espazo, comprometen a candidatura

A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade está en perigo. Máis encoros, canteiras, autovía A-76, xunto coa desprotección efectiva o abandono do patrimonio natural e cultural perxudican á candidatura. Para a UNESCO non vale todo!

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal