ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
09/07/2015

CERNA dixital publica unha nova edición!

Cerna 73 fai un repaso ao estado de conservación de especies de mamíferos e de aves vulnerables de Galiza e destaca a dificultade de atallar algunhas doenzas que afectan a especies frondosas como o ameneiro e o castiñeiro.

+info

06/07/2015

Crónica do roteiro polo río Baa contra o esquecemento

O pasado 4 de xullo ADEGA-Ferrolterra xunto con outras asociacións ecoloxistas e de veciñanza organizamos unha andaina para pedir a retirada dos áridos asfálticos que levan 6 anos almacenados ao lado do polígono industrial de Vilar do Colo (Cabanas).

+info

02/07/2015

3 de xullo: Día internacional sen bolsas de plástico

Despois de pasar os artigos da compra, na caixa pregúntannos se queremos intoxicar as tartarugas de mar, matar baleas e paxaros, contaminar o medio, etc. Como chega unha bolsa de plástico a facer tanto dano?

+info

25/06/2015

Xa está na rúa o nº 2 de Sermos-ADEGA: Galiza tóxica

No suplemento SERMOS-ADEGA nº2 tratamos a problemática do uso e abuso dos biocidas no país. Fumigacións de eucaliptais, cultivos, beirarrúas e noiros compoñen unha auténtica Galiza tóxica

+info

25/06/2015

Crónica do Bioblitz e do XI Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos

O sábado 20 de Xuño celebramos a undécima edición dos encontros de voluntariado do Proxecto Ríos e unha Descuberta de Biodiversidade (Bioblitz) para profundizar máis no coñecemeto da flora e a fauna que habita nos nosos ríos e ribeiras.

+info

24/06/2015

Novo espolio no xacemento romano de Estabañón

ADEGA, MariñaPatrimonio e Pensamento e Sementeira presentamos no Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil unha denuncia polo posible espolio na vila romana de Estabañón, situada na praia da Area do concello de Viveiro.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal