ADEGA vén de denunciar na Fiscalía ambiental as ofertas de trofeos de lobo aparecidas en varias webs de anuncios e caza. Os prezos oslilan entre os 1000 e os 2800€. A venda de trofeos de lobo, prohibida en Galiza, pode ser causa de delicto penal
A proposición de lei para prohibir o emprego de munición de chumbo en toda Galiza, que arestora tramita o Parlamento Galego, bateu coa radical oposición dos cazadores máis cavernícolas: a Federación Galega de Caza
O ciclo de roteiros anual de ADEGA-Lugo estará destinado durante este curso 2015-2016 a indagar a fondo na nosa memoria histórico-cultural e a visitar algúns dos elementos do patrimonio material máis antigo de Galiza.
O pasado fin de semana 12 persoas voluntarias participaron na xornada organizada pola asociación ecoloxista ADEGA na illa de Sálvora para a loita contra as especies invasoras.
ADEGA alerta dos danos que están a sofrer os niños da nosa vespa autóctona (Vespa crabro) ao seren confundidos cos da vespa asiática (Vespa velutina). A presenza da vespa galega é un mecanismo de control natural da invasora asiática, coa que compite.
Desde a delegación de Adega-Ferrolterra queremos denunciar publicamente un novo atentado contra o noso bosque autóctono esta vez na Fragas de Miranda,en Cariño .Unha fraga que se están a cortar co único fin de plantar eucaliptos .
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal