O TSXG declara a nulidade da Autorización Ambiental Integrada da cementeira de Castro. Tras moitos anos de loita de veciños da zona, colectivos ecoloxistas (A VV. Os Cruceiros,ADEGA...), acadamos outro éxito ambiental e social en Ferrolterra.
Os Orzamentos de 2014 apresentados pola Xunta confirman a desaparición de facto das políticas públicas ambientais. Dende que chegou Feijóo o ambiente galego perdeu 198 millóns de € e áreas como Conservación da Natureza reduciron un 91% os seus fundos
O proxecto Charcas con vida continúa coa súa liña de voluntariado ambiental, desta vez na comarca veciña do Bierzo.
ADEGA-Lugo será a encargada de dirixir os roteiros que organiza a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo neste último trimestre de ano, dentro dun amplo programa de actividades que vén de presentar hoxe ante os medios de comunicación.
Este venres 4 de outubro ADEGA impartirá en Ourense o II Curso de formación para inspección de charcas, en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza, no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Rodicio
Dentro da campaña de Limpeza Simultánea de ríos coordenada por ADEGA, foron levadas a cabo limpezas de ríos nos concellos de Ferrol, Neda, Mañón, San Sadurniño, Fene e Neda coa colaboración de diversos colectivos e concellos.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal