13/10/2022
As entidades de “Por un Monte Galego con Futuro”, da que fai parte ADEGA, presentaran en agosto denuncia na Fiscalía contra a Xunta como responsábel. A Fiscalía iniciou dilixencias en base á denuncia presentada en agosto.
11/10/2022
Este domingo 16 de outubro damos comezo ao programa de roteiros do curso 2022/23 con andainas polas provincias de Lugo e Ourense, reivindicando a necesidade de conservación da biodiversidade, e a soberanía dos pobos para afrontar a crise ecolóxica.
10/10/2022
ADEGA, SGO e FOP conseguen dar carpetazo final ao proxecto eólico Serra do Iribio no Tribunal Supremo, cuxas obras levaban tres anos paralizadas cautelarmente. As ecoloxistas esixirán a restauración das zonas afectadas.
05/10/2022
O curso está cofinanciado pola Fundación Biodiversidade e o Fondo Social Europeo no marco do Programa Empleaverde para 2021.
04/10/2022
O Parque Eólico Campelo, xunto cos proxectos eólicos de Bustelo e Monte Toural da promotora Greenalia, foron recorridos en vía contenciosa-administrativa por ADEGA e a PDCC, con cargo ao Fondo para a Defensa Xurídica da Cordilleira Cantábrica.
29/09/2022
Centos de persoas mobilizánronse o pasado 25 de setembro, para mollarse polos ríos un ano máis, participando na XV Limpeza Simultánea de Ríos
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal