17/11/2022
A multinacional americana quere voltar a usar fuel para a produción de alúmina ante o elevado prezo do gas e pide á Xunta superar os límites de contaminantes, particularmente óxidos de xofre e nitróxeno, fixados na Autorización Ambiental Integrada.
16/11/2022
A editorial Galaxia doará a ADEGA un 5% da recadación obtida das vendas da publicación "Prestige. 20 anos x 20 voces" como contribución á súa acción altruísta na defensa ambiental de Galiza.
14/11/2022
Centos de propágulos desta perigosa planta invasora están a aparecer en praias das Rías Baixas, á vez que poñen en perigo varias zonas húmidas galegas.
11/11/2022
A formación está financiada pola Fundación Biodiversidade e o Fondo Social Europeo, no marco do Programa Empleaverde para 2021. O curso é gratuíto e vai dirixido a persoas desempregadas.
10/11/2022
Este ano cúmprense 20 dende que un petroleiro fendía e afundía perante nosas costas liberando a súa velenosa carga sobre o ecosistema natural e social de Galiza. O que aconteceu despois xa é historia. Que cuestións fican pendentes 20 anos despois?
28/10/2022
Ao ter acadado o seu obxectivo nun tempo récord, finaliza a campaña de recadación solidaria promovida por ADEGA, a cal apela ao TSXG para que retire a obriga de caucións ás entidades sen ánimo de lucro.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal