ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
16/07/2022

Centos de polos de gaivota en risco de morte ante o desamparo da Xunta na vaga de calor

ADEGA recibiu nos últimos días varias alertas sobre polos de gaivota dos tellados de vilas e cidades galegas

Nos últimos días ADEGA está a recibir varios avisos por abatementos de crías de gaivotas e outras aves urbanas polos efectos da vaga de calor. Pídelle á Xunta que tome medidas urxentes e que aplique un protocolo de actuación específico.

+info

04/07/2022

O FDXCC recorre varios complexos eólicos que afectan á pita do monte no Bierzo

O FDXC,do que fai parte ADEGA, recorre as autorizacións administrativas do tres complexos eólicos do nó de Villameca (Bierzo) pola súa afección á pita do monte cantábrica.

+info

21/06/2022

A Revista Cerna asómase a unha Galiza de eucaliptos e eólicos

O ecocicio, o estudo de novos materiais para a bioconstrución, a contaminación plásticas do mar, etc. xunto coas seccións fixas de "Ciencia cidadá" e "Fauna e flora de Galiza", completan esta edición, número 86 da Revista Cerna.

+info

17/06/2022

O fracaso de SOGAMA coloca a Galiza terceira pola cola en reciclaxe de residuos no Estado

Liderada a xestión de residuos pola Xunta e SOGAMA, Galiza atópase á cola en recollida separada e reciclaxe no Estado, incumprindo os obxectivos da lexislación para 2020, e sen perspectivas de mellora nin de cumprir cos obxectivos para 2025 ou 2030

+info

04/06/2022

Galiza enche de novo a Praza do Obradoiro para esixir un modelo enerxético alternativo á actual invasión eólica

A Coordinadora Eólica Así Non conseguiu encher de novo a Praza do Obradoiro no Día do Medio Ambiente cunha multitudinaria manifestación de persoas e colectivos que reclamaron un modelo enerxético alternativo para Galiza, xusto e sustentábel.

+info

03/06/2022

Máis de 200 colectivos acudirán este domingo á manifestación do Día do Medio Ambiente por unha enerxía por e para o pobo

A Coordinadora Eólica Así Non, da que fai parte ADEGA, xa acolle a 222 entidades de toda Galiza que esixen un cambio de modelo enerxético que respecte o medio ambiente e as persoas. Porque temos alternativa!

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal