ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
19/09/2023

52 Concellos de toda Galiza participarán na XVI Limpeza Simultánea de Ríos

O domingo 24 de setembro é a data que temos fixada para a realización da XV Limpeza Simultánea de Ríos.

+info

18/09/2023

As obras foron realizadas polo Concello de Castroverde contravindo o seu propio PXOM

ADEGA-Lugo e Mariña Patrimonio denuncian obras de recheo sobre o Castro da Eirexe

As entidades presentaron unha denuncia perante a DX de Patrimonio Cultural pola intervención nunha parcela integrante dun ben catalogado.

+info

11/09/2023

ADEGA lembra o papel de Carlos Durão no ecoloxismo galego

Carlos Durão tivo un papel fundamental na defensa dos océanos fronte os vertidos radioactivos na foxa Atlántica. ADEGA lamenta o seu pasamento o pasado 8 de setembro e lembra o seu papel no ecoloxismo galego.

+info

11/09/2023

ADEGA-Lugo esixe á CHMS investigue a contaminación do Rego Pomeda en Palas de Rei

ADEGA-Lugo vén de reiterar perante a CHMS a denuncia dun novo episodio de contaminación no Rego Pomeda, coa aparición de centos de troitas mortas a finais do pasado mes de agosto.

+info

01/09/2023

O II Plano estatal de control da contaminación atmosférica volta a esquecer as Directrices da OMS

O Ministerio vén de expoñer o II Plano de control da contaminación atmosférica para tentar cumprir cos obxectivos de redución de contaminantes atmosféricos establecidos pola UE. Porén, estes obxectivos seguen a estar moi lonxe do recomendado pola OMS

+info

28/08/2023

ADEGA acada o apoio social necesario para recorrer no TSXG outros catro macroproxectos eólicos autorizados pola Xunta

Os proxectos eólicos Vilartoxo, Troitomil, Monte da Croa e Rodicio II serán recorridos por ADEGA diante do TSXG ao ter conseguido os fondos necesarios a través da campaña de crowfunding “Ti podes paralos!”.

Os proxectos eólicos Vilartoxo, Troitomil, Monte da Croa e Rodicio II serán recorridos por ADEGA diante do TSXG ao ter conseguido os fondos necesarios a través da campaña de crowfunding “Ti podes paralos!”.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal