ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
09/09/2026

Ons non é illa para especies en perigo

Nova agresión ao patrimonio natural galego: exemplares da xesta de Ons (Cytisus insularis S. Ortiz & Pulgar), especie endémica en perigo de extinción, foron eliminados polo rozado de camiños na illa.

+info

09/09/2026

As 500 árbores plantadas por voluntariado de ADEGA nos montes queimados de Valdeorras medran en boas condicións

A asociación destaca o papel do voluntariado na repoboación das zonas afectadas polos incendios forestais e reclama á Xunta unha maior implicación na restauración destas áreas.

+info

03/09/2026

Outro parque eólico paralizado polo TSXG tramita a súa utilidade pública

ADEGA esixe á Xunta que respecte as decisións da Xustiza e non conceda ningunha utilidade pública a parques paralizados

Primeiro foi o Xesteirón e agora o Rodicio II. A empresa ENGIE insiste en continuar coa tramitación dos seus parques paralizados polo TSXG e ADEGA esixe á Xunta que denegue todas as solicitudes de utilidade pública de eólicos xudicializados.

+info

26/08/2026

Obras en Ons: A Xunta converte o Parque Nacional nun resort turístico

A "chiringuitización" da natureza é o resultado da nefasta xestión que a Xunta fai dos espazos naturais protexidos, ao entendelos como simples decorado para o turismo masivo. Agora toucoulle ao "acondicionamento" da Illa de Ons.

+info

21/08/2026

Fronte á seca, Galiza non precisa máis encoros e si unha xestión da auga máis eficiente

ADEGA demanda da Xunta e concellos algo máis que medidas populistas e parcheos en forma de máis encoros, transvasamentos e captacións. Compre rematar co desbaldimento da auga e xestionala como o que é: un ben escaso e imprescindíbel para a vida.

+info

19/08/2026

En plena alerta por seca, ADEGA denuncia o recheo dunha zona húmida en Castroverde

ADEGA presentou denuncias ante o Concello de Castroverde, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o SEPRONA e reclama a paralización inmediata dos recheos, a investigación dos feitos e a recuperación integral da zona húmida.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal