07/01/2019
ADEGA vén de solicitar á consellería de Medio Ambiente a paralización e prohibición dos campionatos de caza de raposo na Galiza, unha actividade que presenta unha gran repulsa social e que provoca un grande impacto negativo nas poboacións de raposos.
19/12/2018
Ante os anuncios da Xunta e do Concello de Lugo de adoptar medidas para controlar a poboación de xabarís na contorna da cidade luguesa, varios colectivos, incluída ADEGA, promoven a Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre.
11/12/2018
Máis de 100 entidades enviamos carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas Puchades, na que solicitanmos o apoio á proposta da Comisión Europea para a adopción do Documento Guía da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria
05/12/2018
Novembro 2018. Coa participación por parte de Adega de María Lafuente e do alcalde de S. Sadurniño, Secundino García, realizouse unha palestra sobre a xestión do lixo e a problemática sobre o tema na comarca de Ferrol
23/11/2018
O 23 de novembro as entidades ecoloxistas celebramos o Día do Bosque Autóctono. Estes bosques son chaves para a loita contra o cambio climático, mais non todas as árbores son bosques: as plantacións forestais monoespecíficas mesmo agravan a situación
19/10/2018
Nun escrito remitido á D. X. de Patrimonio Natural pedimos que a administración dispoña con urxencia un protocolo de medidas preventivas, dotado cos recursos suficientes, para contrarrestar o impacto atribiíbel ao lobo nas as ganderías afectadas.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal