09/07/2014
Pescanova vende a planta de Mira, en Portugal. Este proxecto foi a reacción da empresa á proibición polo bipartito de instalarse en Touriñán. Millóns de € de buraco e o fracaso dun modelo insustentábel e depredador ao que o PP entregoulle a costa
Hoxe, Día Mundial da Conservación do Solo, ADEGA e outros 45 colectivos, presentaron en rolda de prensa en Lugo a campaña a prol do bosque autóctono “Cousa de Raíces”, onde se falou dos beneficios das especies autóconas para a creación de solo fértil
A folga dos traballadores/as de Urbaser en Lugo debruzounos bruscamente perante os nosos residuos. ADEGA chama a atención sobre a cantidade de lixo orgánico que se podería ter retirado das rúas se o Concello de Lugo cumprise coa planta de compostaxe.
03/07/2014
Dende o movemento Residuos Cero Europa e ADEGA queríamos aproveitar este día para concienciarnos sobre as terríbeis consecuencias que teñen as bolsas de plástico e informar das alternativas e accións posíbeis.
02/07/2014
Lumes, eucaliptos, minas e ceo aberto, encoros... E agora, un vertedoiro pirata. As Fragas do Eume, un dos nosos espazos protexidos máis emblemáticos, amosa outra volta as consecuencias dunha caótica xestión. Nos espazos protexidos vale todo!
01/07/2014
A Xunta pretende modificar o dec. 67/2007 das Árbores Senlleiras para "simplificar" a xestión e "axilizar" trámites. Na práctica supón a desprotección efectiva deste patrimonio natural, como alegamos ecoloxistas e investigadores do Comité das Árbores
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal