O próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea terá lugar a fin de semana do 8, 9 e 10 de maio, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007.
07/05/2015
ADEGA e a FEG veñen de denunciar unha plantación de eucaliptos na área de protección da RN2000 do Careón, nunha zona na que están presentes endemismos botánicos únicos no mundo e en perigo de extinción
ADEGA acolleu na semana do 20-26 de abril a un técnico de custodia do territorio, Xavi Alifonso, da Associació Picampall de Cataluña para a súa capacitación coñecendo a iniciativa “Charcas con Vida”. A súa visita enmarcábase no proxecto Tecendo redes
05/05/2015
O 7 de maio xúlgase en Vigo a Marcos Celeiro, veciño de Triacastela, denunciado por COSMOS por atentar contra a "honra" da cementeira. ADEGA solidarízase con Marcos e lembra que a actividade de COSMOS ameaza á Cova de Eirós: quen atenta contra quen?
O pasado 25 de abril 11 persoas participaron na xornada de voluntariado organizada por Charcas con Vida para recuperar unha antiga poza de rega no lugar de Sabarís, Campañó (Pontevedra).
30/04/2015
ADEGA ven de editar dous folletos para alertar unha vez máis sobre a problemática das especies invasoras. Existen dúas versións centradas nas especies de ecosistemas acuáticos: fauna invasora e flora invasora
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal