02/06/2016
Pisando Forte é unha iniciativa dirixida a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos que ten como obxectivo mellorar as condicións de acceso ao emprego da mocidade de Pontevedra a través da formación.
01/06/2016
ADEGA e MariñaPatrimonio denunciamos que boa parte dos xacememtos arqueolóxicos do norte de Lugo, dende o Paleolítico á Idade Media, sofren danos por labores asociados á explotación do eucalipto: plantacións, cortas, pistas, rozas con maquinaria...
31/05/2016
Este sabado 4 de xuño en Pontevedra convocámoste á mobilización en defensa das rías, contra ENCE e os eucaliptos. Se defendes o medio ambiente, non podes faltar!
30/05/2016
García-Borregón declarará como "investigado" a petición da Fiscalía ambiental do TSXG, xunto con outros tres ex-altos cargos de Medio Ambiente, polo dragado da ría de Ferrol denunciado en 2011 por ADEGA
24/05/2016
A CE está a escasamente un mes de prohibir definitivamente o glifosato, principio activo de moitos herbicidas. Está considerado pola OMS como "probabelmente canceríxeno" e apesar disto, as adminisracións seguen a fumigar con el estradas e vilas.
19/05/2016
Tres vertedoiros de pneumáticos "históricos" en Galiza (Fene, A Laracha e As Somozas) agardan por un tratamento que, de súpeto, virou prioritario para a Xunta. O "efecto Seseña" revelou o esquecemento dun problema que non interesou até que fumegou
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal