O auto arquiva o procedemento pola perda sobrevida do obxecto do recurso, tal e como alegaron ADEGA e o avogado do Estado, dado que xa existe resolución firme do Ministerio de Medio Ambiente que ordea derrubar a infraestrutura ilegal.
24/05/2017
O Foro do Camiño Primitivo, do que fai parte ADEGA, vén de lanzar unha campaña de recollida de sinaturas a través de Change.org para instar á UNESCO a paralizar as obras de Turismo nas rutas xacobeas patrimonio da Humanidade.
22/05/2017
ADEGA, USC e concello de Fisterra desenvolveremos este día 23 actuacións para recuperar as dunas polo tránsito humano. Precisamente hoxe 22 de maio celébrase o Día Mundial da Biodiversidade co lema "biodiversidade e turismo sustentábel"
16/05/2017
Ningún grupo ecoloxista apoia a bandeira Azul como garantía de litoral en bo estado ecolóxico. Esta distinción, concedida por unha entidade privada, tampouco ten o apoio oficial da UE. É un produto turístico, non un selo ecolóxico
05/05/2017
En outubro ADEGA denunciou que unha empresa ía construir unha planta de biomasa de 50MW cando por lei o límite era 10MW. 2 meses despois o PP modificou a norma liberalizando a potencia, e o proxecto retorna agora con outro nome e os mesmos promotores
04/05/2017
A delegación de Adega en Ferrol, ante a renovación do plan de transporte metropolitano na comarca de Ferrolterra, solicita melloras e fortalecemento de tal plan, así como a creación de unha empresa pública municipal de transportes.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal