22/06/2017
Realizadas en Ferrol e Fene, sendas palestras sobre saneamento na comarca de Ferrol, con participación de representantes de diversos grupos políticos así como destacados membros de Adega como Manuel Soto, Nes Lopes, etc.
21/06/2017
Este San Xoán milleiros de cacharelas arderán polo país na festa do lume, con música, sardiñas, queimada... E tamén con miles de toneladas de lixo. Podemos facer a festa máis ecolóxica cunhas sinxelas medidas para non emporcar e estragar a natureza
19/06/2017
Dende ADEGA queremos expresar o noso pesar co pobo irmán de Portugal e a solidariedade cos familiares das vítimas dos recentes lumes. A catástrofe debería facer reflexionar sobre a problemática dos lumes e a súa relación con modelos forestais
O recente acordo parlamentar de solicitar á Xunta a ampliación urxente da Rede Natura 2000, aprobado polo PP co voto contrario da oposición, reflicte o pouco interese que hai por tomar en serio esta ferramenta de conservación
12/06/2017
Un recente estudo vén a demostrar que o monocultivo do eucalipto non só afecta á biodiversidade terrestre. Tamén a biota dos ríos que atravesan plantacións de eucaliptos diminúe e os cursos de auga son máis propensos ás secas.
06/06/2017
A Xunta non tivo máis remedio que iniciar a declaración de BIC da Cova de Eirós por imperativo legal. Porén, no procedemento semella querer atender antes aos intereses de COSMOS que á salvagarda deste valioso patrimonio
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal