12/03/2018
Este 12 de marzo inaugurose no Pazo de San Marcos a exposición que sobre o cambio climático e o modelo enerxético promove a Deputación de Lugo. Permanecerá aberta até o 24 de marzo, data da "Hora do Planeta", no marco das xornadas "Enerxía e Clima".
07/03/2018
ADEGA apoia a convocatoria de folga feminista para o Día da Muller, este xoves, 8 de marzo.
28/02/2018
Unha compañeira de ADEGA vén de ser discriminada por usar o galego ao dirixirse a funcionarias da Xunta en Lugo, que ademais de negarse a falar en galego, fixeron apoloxía do franquismo
23.F.2018.Ferrol . Mesa redonda na Aula de Ecoloxía Urbana, coa participación de Xandro García, Antonio Montes e Miguel Anjo García como representantes de CEMMA, SGHN e Adega, sobre voluntariado ambiental
22/02/2018
Logo de 8 meses, e tras reiteradas peticións dende o Parlamento, vimos de coñecer o informe que Medio Rural emitíu sobre a mina de seixo en Mesía: rexéitase proxecto por ser incompatíbel coa produción agrogandeira e polos seus irreversíbeis efectos
21/02/2018
O informe do estado de saúde dos ríos galegos que presenta o Proxecto Ríos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partir das análises realizadas durante as campañas de primavera e outono polo voluntariado participante
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal